Páginas vistas en total

domingo, 20 de agosto de 2017

ACTUALIDADE (baixas)

Logo dun verán algo convulso e cheo de incertidume ó redor do primer equipo, por fin, este, votou a andar a semana pasada.
Houbo que traballar a contrarreloxo para poder confeccionar o plantel definitivo deste ano, tanto a nivel corpo técnico, como de xogadores, pero finalmente, e grazas ó esforzo de todos, compriuse o obxetivo.
Son moitas as novidades con respecto ó ano anterior, das cales daremos cumprida información, comezando polo apartado de baixas desta nota.
Ante todo, dar as GRAZAS ós seus cinco protagonistas, tanto polos seus éxitos deportivos, como polo seu compromiso e dedicación vestindo a camisola vermella.
O primeiro en decir adeus foi o adestrador.
Nesto, xa tiña acordado coa directiva que esta sería a sua última campaña, pondo fin así a un ciclo de tres.
A exixencia que require o banco vermello e o desgate que supón, é maiormente o motivo desta decisión.
O técnico deixa tras de sí, os anos mais exitosos a nivel títulos da historia do club.
Un insulso quinto posto no ano do seu debut na categoría, deu paso ó doblete, liga e copa, no segundo, e a outra liga no terceiro. A pesar da "decepción" que supuxeron as fases de ascenso á 2ª división B, evidentemente, mais non se pode pedir.
O seguinte en despedirse foi Esteban, cancerbeiro canteirán vermello.
Dende o comezo, xa advertira da sua intención de deixar o club ó remate da tempada, trala fase de ascenso, confirmouno, dando por concluido un periplo de dous anos.
Debaixo do brazo, duas ligas, unha copa, e un sinfin de paradas e puntos para os nosos intereses.
Torres, é a terceira baixa para este ano, logo de dous anos e medio no club.
O veterán xogador, sempre que llo permitiron os compromisos laborais e o físico, estivo aportando o seu gran, tanto a nivel deportivo como grupal.
Baixa consensuada co club, e tres títulos no seu zurrón.
Dani, o tercer porteiro do curso anterior, tamén deixa a disciplina vermella, cun título ligueiro, no que axudou en todo na medida en que lle foi posible.
Marcos F., sería en principio, a derradeira ausencia para este ano, case nada.
De confirmarse definitivamente, pois o interés de TODO o club e que continue un ano mais, e nesas andamos, non só nos deixaría un dos claros baluartes dos últimos dous anos, senon un referente en tódolos aspectos.
Con el, o equipo deu un salto cualitativo, convencéndonos incluso, de que era posible acadar campeonatos, como así o faríamos finalmente.
Calidade, experiencia, seriedade, entrega, sacrificio...esgótanse os calificativos, pero sobretodo, un compromiso e competitividade difícil de igualar.
A expensas de que poda xurdir algunha baixa mais, pois nalgún caso, os compromisos laborais non poñen as cousas sinxelas, estas, serían as ausencias para a tempada que comeza.
Novamente GRAZAS¡¡¡, esta sempre será a vosa casa.


No hay comentarios: