Páginas vistas en total

domingo, 20 de agosto de 2017

ACTUALIDADE (fichaxes)

Se na nota anterior dabamos conta das ausencias para esta tempada, nesta, anunciamos os cambios e novidades que nos agardan.
Comezamos polo banco vermello, que sofre un cambio radical con respecto ó pasado.
O club, tentou de tódolos xeitos, sendo conscientes da prácticamente nula capacidade económica que obstenta, de atopar un inquilino capaz e convincente para o seu banco. Non o conseguiu , e grazas a iso, imos ter a sorte de poder contar cun tándem que goza da nosa total e absoluta confianza, Francisco Amoedo - Jonathan Navarro.
Fran, tras demostrar sobradamente no Campito F.S. as sua valía con duas tempadas magníficas, regresa ó seu fogar dentro do que lle permitan as suas obligacións laborais, por iso, contará coa inestimable axuda diaria de Jonas. Entre os dous, cun traballo consensuado, tratarán de levar a bo porto a nave vermella.
Completará o corpo técnico Adrián, que realizará as labores de segundo adestrador e asistente, e que xa fora complemento de Fran no seu anterior club.
Mon, como sempre, estará acarón do equipo, de delegado, e aportando toda a sua experiencia e bo facer en todo o necesario.
Corpo técnico de catro pilares ó que lle desaxamos a maior das sortes.
No que respecta ó plantel de xogadores, un  pouco mais do mesmo, varias dúbidas resoltas nalgún caso a última hora, pero que ó noso xuizo, nos permitirá afrontar con garantias unha durísima tempada.
Continuan de veremello, os tres capitáns, Bizza, Jose, e finalmente Luis. Tamén o farán, Jony, Jonas, Eloy, Borja, Breixo, Diego e Lito, estes dous últimos con matices. Diego continuará na disciplina vermella, pero de entrada sen ficha, debido a que mantén compromisos laborais o fin de semana.
Lito, segue a expensas de resolver o seu futuro, no que o aspecto laboral e a distancia da sua residencia a Pazos, tal vez pese demasiado para poder continuar como sería desexable.
Marcos F., baixa por decisión persoal, pero que por sorte continua traballando con nós, é unha vía que o club ainda non da por pechada.
Os xogadores en idade xuvenil, Guille, Aarón, Santi e o porteiro Martín, alternarán os adestramentos da sua categoría, cos do equipo senior, entrando a formar parte dende xa da dinámica do primer equipo.
En canto as fichaxes, estas son catro.
Carlos Dopacio (Kuka): Porteiro ex-Bembrive F.S. nas últimas tempadas, pero cunha dilatada traxectoria, incluso en categorías superiores. Coruxo F.S. ou Redondela F.S. por exemplo, gozaron das suas expléndidas prestacións baixo paus.
Pablo Calvo (Pablo): Ala-Peche ex-A.D.F.S. Bueu, o xogador vigués, chega a Pazos para seguir co seu crecemento deportivo, no que xa amosou entrega, calidade e sobretodo unha gran competitividade.
Alexis Rodriguez (Alexis): Ala ex A.D.F.S. Bueu, e anteriormente I.E.S. Coruxo F.S..
Xogador completísimo, cun 1x1 demoledor, exquisita técnica individual, sacrificio e pegada. Estas, entre outras, fan del un xogador chamado a ser moi  importante este ano.
Sergio Vidal (Vidal): Ala ex Redondela F.S., zurdo, de calidade, e cun marxe de mellora moi amplo. Aposta persoal de Fran, no que ten depositadas moitas esperanzas.
Agradecer de antemán o esforzo realizado para formar parte desta familia, BENVIDOS E MOITA SORTE RAPACES¡¡¡

1 comentario:

Anónimo dijo...

Os llevais 2 cracks , entrenadores excelentes , pero personas que vale la pena conocer.
Un abrazo de un ex jugador suyo de Campito.