Vistas de página en total

miércoles, 20 de septiembre de 2017

A.D.F.S. BUEU 5 - 9 S.D. PAZOS Futbol Sala

Partido con sabor a "derby" o disputado o domingo pola tarde no pavillón municipal Pablo Herbello de Bueu.
Un encontro mais  emocionante do que reflexa o marcador final, e que non se decantaría totalmente ata mediado o segundo tempo.
A pesar de que dende o comezo, as ocasións eran nosas, serían os locais os primeiros en adiantarse no electrónico.
Era a sua segunda chegada ós dominios de Kuka, e a pelota parada, denominador común en tódolos goles do Bueu.
Os nosos continuarían a sumar opcións nos minutos seguintes, e en canto mellorou o acerto, conseguimos darlle a volta ó marcador ata conseguir poñernos 1-3.
O único "pero", a falta que regalamos a falta de tres segundos, co conseguinte dobre-penalti, e que metía de cheo ós da casa no encontro.
No segundo periodo, e ainda que a labor arbitral puxo as cousas difíciles ó deixarnos co cupo de faltas cuberto xa no minuto cinco, o equipo, lograría imporse, e golpearía con contundencia o marco rival.
Cunha estratexia de banda nos primeiros compases, o Bueu conseguía a igualada, pero pouco lles duraría a ledicia. Apenas un minuto despois, daba comezo o chaparrón vermello.
Dez minutos que rompían o choque, cun prácticamente definitivo 3-9. Resultado que so variaría cun rocambolesco corner,e outro dobre-penalti.
Victoria meritoria e merecida ó noso entender, nunha cancha con tradición na que non se regala nada.
Boas sensacións en xeral, pero con cousas a mellorar. Non se pode, ou hai que tentar evitar, chegar a recibir cinco goles a balón parado.

A.D.F.S. BUEU: Nestor - Adri(2) - Gil - Rodri e Victor Mendez(1); Pablo, Luis, Martin(1), Del Rosario, Lucas(1), Toño e Alejandro.
S.D. PAZOS Futbol Sala: Kuka - Jonas(1) - Alexis(2) - Luis(3) e Borja; Bizza, Marcos F.(1), Eloy(1), Jose, Pablo, Vidal e Breixo(1).

GOLES:

  • 1-0 (min.5) Falta directa que convirte Adri por baixo.
  • 1-1 (min.10) Estratexia de falta, asiste Jonas, define Luis.
  • 1-2 (min.14) Alexis ó segundo pau onde empurra Eloy.
  • 1-3 (min.18) Estratexia de banda que pon Marcos F., e que bolea Jonas.
  • 2-3 (min.19) Dobre-penalti que executa raso Adri.
  • 3-3 (min.24) Estratexia de banda que repele Bizza, e o rexeite aproveitao Martin.
  • 3-4 (min.25) Punteirazo de Breixo dende a lateral.
  • 3-5 (min.28) Rouba Luis, cara Eloy, que conduce e asiste ó segundo para que execute Luis.
  • 3-6 (min.29) Luis porfía en medio campo, bola para Jose, contragolpe asistencia a Luis que marca so.
  • 3-7 (min.30) Saque de corner rápido de Eloy, e potente chut exterior de Alexis.
  • 3-8 (min.34) Pablo vaise da sua marca, o porteiro logra evitar en primeira instancia, pero non no rexeite que colle Marcos F.
  • 3-9 (min.34) Alexis anota dende propio campo tras facerse coa bola ante o porteiro-xogador.
  • 4-9 (min.36) Despiste defensivo nun corner, Bizza deixa pasar, e gol de Lucas que empurra no segundo pau.
  • 5-9 (min.37) Victor Mendez marca pola escadra dobre-penalti.


No hay comentarios: