Vistas de página en total

sábado, 16 de septiembre de 2017

XORNADA 1

Este fin de semana, os nosos, dan comezo a unha nova tempada na terceira división nacional de fútbol sala.
Bueu, será o escenario deste primer encontro ligueiro, onde nos enfrontaremos a un rival que tradicionalmente nos  pon as cousas moi complicadas.
Con Javi Santos un ano mais ó mando da sua nave, e cun plantel que aparentemente non sufriu moitos cambios con respeto ó ano pasado, serán sen dúbida un equipo a ter moi en conta.
Os vermellos pola sua banda, afrontan esta etapa con moita ilusión, e con gañas de plantar batalla unha vez mais. Renovado plantel, pilas cargadas, e co mesmo obxetivo de sempre, facer as cousas do mellor xeito posible.
Será un encontro especial para dous dos recén chegados, Alexis e Pablo, que regresan ó que foi o seu fogar estas últimas tempadas.
Fran poderá dispor de case todo o plantel, quedándose fora da convocatoria Diego, por traballo, e Jony, quen arrastra molestias nun xeonllo que non lle permitiron adestrar en toda a semana.

A.D.F.S. BUEU - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 17-09-17 HORA: 19:00 LUGAR: Pavillón municipal Pablo Herbello

CONVOCATORIA:

  • Bizza
  • Kuka
  • Marcos F.
  • Eloy
  • Pablo
  • Jose
  • Jonas
  • Alexis
  • Breixo
  • Vidal
  • Luis
  • Borja
BAIXAS:

  • Diego (motivos laborais)
  • Jony (lesión​)

No hay comentarios: