Vistas de página en total

miércoles, 27 de septiembre de 2017

S.D. PAZOS Fútbol Sala 8 - 0 GRI CARBALLIÑO F.S.

Este pasado sábado, a S.D. Pazos logrou en "Anfield" unha cómoda victoria sobre o GRI Carballiño F.S..
Un encontro que dominamos case por completo ante un renovado e xoven conxunto ourensá, ó que o seu plantexamento de defender en liña de puntos e sair ó contragolpe non lle reportou beneficios.
Estiveron ben os de Fran nos primeiros vinte minutos, con ideas claras e determinación, o que permitiría resolver prácticamente o encontro neste período.
Con todo, tardamos en abrir o melón, sendo protagonista o porteiro visitante, e tamén levamos algún susto, como en dous balóns en longo que salvaría un atento Bizza.
Finalmente, as nosas continuas chegadas rematarían por traducirse no 1-0, e a partir de ahí xa todo sería mais sinxelo.
Tralo paso polos vestiarios, os visitantes, optarían por unha nova estratexia, pondo en liza xa dende o comezo a figura do porteiro-xogador.
Tampouco lles resultaría, ainda que si equilibraron algo mais a contenda.
A aceptable defensa, e un infranqueable Kuka, evitarían calquer tipo de sobresalto, destacando sobre todo, dous paradóns en sendos mans a mans que sacaron os aplausos da bancada.
En ataque, e con igualdade 4x4, un pouco mais do mesmo, e ainda que baixamos o nivel, sería abondo para continuar afondando na ferida ata o 8-0 final.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Jose(1) - Eloy - Pablo e Alexis(2); Kuka, Marcos F., Jonas, Vidal(1), Breixo, Luis(3) e Borja(1).
GRI CARBALLIÑO F.S.: Daniel P. - Jesús - Daniel R. - Cristian e David; Fabio, Iván e Borja.

GOLES:

  • 1-0 (min.6) Estratexia de banda, Marcos F. para Luis que remata na área pequena.
  • 2-0 (min.10) Balón que caza Borja ó borde da área, e marca de tiro raso cruzado.
  • 3-0 (min.11) Triangulación, e pase da morte de Eloy cara Luis que transforma.
  • 4-0 (min.19) Marcos F. recolle un pase en longo, e dende o recuncho, pona no segundo pau para que remache Alexis.
  • 5-0 (min.24) Roubo de Luis na presión, parede con Jonas, que lla devolve ante o meta, e bola do dez á rede.
  • 0-6 (min.27) Triangulación, e Breixo para Jose que pica ante o porteiro entrando a bola con algo de fortuna tras dar nun defensor.
  • 7-0 (min.28) Vidal combina con Breixo, deixada deste, e Vidal executa raso á rentes do pau.
  • 0-8 (min.31) Pablo conduce polo medio, e asiste a Alexis que fusila dende a lateral.





No hay comentarios: