Vistas de página en total

sábado, 30 de septiembre de 2017

XORNADA 3

Ó igual que fixera a semana pasada, esta xornada, a S.D. Pazos volve a exercer como conxunto local, nesta ocasión, enfrontándose a un recén chegado á categoría, o Sport Sala Culleredo F.S..
Esta condición de "novato" non nos debe levar a enganos, pois os coruñeses contan nas suas ringleiras con xogadores de moita experiencia, tanto nesta, como en categorías superiores. Destacan por encima do resto, os nomes de Iago Socastro ou Vituco (ex- O Parrulo), ou os de Oscar e Manitas (ex-Troula).
Polo tanto, a bo seguro partido durísimo o que nos agarda este vindeiro domingo.
En canto á convocatoria a boa nova é o regreso de Jony, pilar básico nestes anos anteriores e que debuta esta tempada, e a mala, a ausencia de Alexis por enfermidade.
Luis e Eloy son seria dúbida, pero tentarán estar para este importante encontro.

S.D. PAZOS Fútbol Sala - SPORT SALA CULLEREDO F.S.
DATA: 01-10-17 HORA: 19:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén

CONVOCATORIA:
  • Bizza
  • Kuka
  • Marcos F.
  • Eloy ?
  • Pablo
  • Jose
  • Jonas
  • Jony
  • Breixo
  • Vidal
  • Luis ?
  • Borja
BAIXAS:
  • Diego (motivos laborais)
  • Alexis (enfermidade)

No hay comentarios: