Vistas de página en total

martes, 10 de octubre de 2017

FSF VILLA DE CEE 2 - 5 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Victoria solvente dos nosos na preciosa vila de Cee. Un partido nunha pista complicada, tanto pola sua "singular" superficie, esvara moitísimo, como polo desempeño coraxudo do equipo local.
Ante a ausencia de Fran, Jonas e Adri tomaron as rendas, e cun plantel super implicado borráronse dun plumazo as pantasmas xurdidas a xornada anterior.
Bo nivel xeral de todos, incluido Aarón, que disputou os seus primeiros minutos en terceira división, pero se alguén destacou por encima do resto ese foi Pablo.
Partidazo do tres. Indesbordable en defensa, perfecto en anticipación, e incluso con chegada á área rival, como demostran o seu gol ó segundo pau e un tiro ó poste.
Un completo primer tempo permitíanos ir ó descanso con ventaxa de 1-3, que aínda puido ser maior se non fora polo riguroso dobre-penalti que nos sinalaron nos intres finais.
No segundo, tocaría sufrir algo mais, sobre todo pola falta de precisión en ataque, que nos levaría a desperdiciar ocasións moi claras.
O seu gol nunha boa xogada logo de que Jose xa puxera terra de por medio poría picante os minutos finais, pero esta vez, o equipo mantería a calma, para acabar sentenciando Jony ante o porteiro-xogador.

FSF VILLA DE CEE: Bruno(1 p.p.) - Pablo - J. José - Aitor(1) e Javier(1); Cristian, Ángel, Santiago, José, M. Ángel.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Pablo(1) - Jose(1) - Jony(1) e Vidal; Bizza, Jonas, Alexis, Breixo, Aaron e Luis(1).

GOLES:

  • 0-1 (min.5) Pase de Jonas cara Breixo que golpea de primeiras en semi-erro, a bola bate nun costado do porteiro e vaise adentro.
  • 0-2 (min.7) Pase interior de Jonas cara Luis, que no pivot, sorprende ó porteiro definindo co tacón.
  • 0-3 (min.11) Xogadón colectivo, e Jony asiste ó segundo pau donde empurra Pablo vindo dende atrás.
  • 1-3 (min.19) Dobre-penalti que transforma Javier.
  • 1-4 (min.25) Contragolpe 3x2 e bola cara Jose que a escacha de punteira ó borde da área.
  • 2-4 (min.32) Parede, e gran finalización de Aitor que pica ante a saida de Bizza.
  • 2-5 (min.39) Roubo en defensa de 5x4, e Jony que se vai en velocidade para anotar entre as pernas do porteiro-xogador.


No hay comentarios: