Vistas de página en total

viernes, 13 de octubre de 2017

XORNADA 5

Unha semana mais, e xa van unhas cantas con esta, a Fran, séguenselle acumulando os problemas no plantel en forma de compromisos ineludibles ou lesións.
Para este choque, contabamos coas ausencias de Marcos F. e Diego por obligacións laborais, coa de Breixo por temas persoais , e cun Luis en horas baixas que non termina de recuperarse. Pois ben, no derradeiro adestramento da semana, caían Borja, cunha fisura nun pe que o manterá lonxe das pistas por alomenos un mes, e Jony, cun pinchazo nun aductor.
Luis estará, coma a semana anterior, e Jony, probará o seu estado no quecemento previo, pero dende longo, non son estas as condicións mais desexables.
Sen varios da vella guardia, a nova fornada, será a encargada de velar polos nosos intereses.
Non valen as excusas ante este "derbi", que como últimamente, nos leva a enfrontarnos a outro dos novos na categoría, o Campito F.S..
O anterior equipo do noso adestrador coñécenos de sobra, e como resulta lóxico, nós a eles tamén.
Sen lugar a sorpresas, nin en canto a conceptos, nin plantexamentos, agárdanos un partido intenso, de ida e volta, e no que haberá que deixarse todo.
O último encontro na casa xa é historia, e oxallá "Anfield" poida disfrutar do mellor Pazos.

S.D. PAZOS Fútbol Sala - CAMPITO F.S.
DATA: 12-10-17 HORA: 19:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén

CONVOCATORIA:

  • Bizza
  • Kuka
  • Eloy
  • Pablo
  • Jose
  • Jonas
  • Alexis
  • Aarón
  • Jony ?
  • Vidal
  • Luis
BAIXAS:

  • Diego (motivos laborais)
  • Marcos F. (motivos laborais)
  • Breixo ( motivos persoais)
  • Borja (lesión)

No hay comentarios: