Vistas de página en total

martes, 3 de octubre de 2017

S.D. PAZOS Fútbol Sala 0 - 6 SPORT SALA CULLEREDO F.S.

De autentica debacle poderíamos tildar o acontecido o domingo pola tarde en "Anfield". Non se recordaba por aquí dende hai moito tempo un encontro tan torcido e desafortunado.
Non se lle poden por peros a unha derrota por seis goles, marcador que ó noso parecer non se axusta ó acontecido, pero é o que foi, e hai que asumilo.
O equipo non estivo tan mal como para ese resultado, pero certo é que tampouco foi o bloque sólido e de ritmo ó que nos estabamos acostumando.
O rival obtou por un plantexamento similar ó que nos tocou vivir a xornada pasada, pero eles, si foron capaces de levalo a cabo con éxito.
Plantáronse en liña de puntos, e con calma, foron buscando a sua opción con balóns ás nosas costas.
Seríamos nós, os que creamos prácticamente todo nos primeiros compases, pero desacertadísimos na definición, un lastre que non soltaríamos en toda a tarde.
Logo de enviar Jony un man a man ó poste, a sua primeira chegada ós dominios de Kuka remataba na rede.
Continuamos igual, pero xa caendo na precipitación, querendo meter o segundo antes que o primeiro, e así, ainda que tendo ocasións claras fomos enmarañando o xogo.
Nos derradeiros minutos, unha bola profunda sen aparente perigo, transformabaa en ouro Oscar, para rematar a sua faena, con outro balón en longo que axustaba á perfección.
Tirabamos nun minuto calquer posibilidade de reacción; polo camiño xa perderamos a Luis, que volvía a caer lesionado.
No segundo tempo tocaba arrebato, e o equipo tentouno, pero disparamos a todo o que había no pavillón menos ás mallas.
Ó porteiro, que se mostrou infranqueable, ós defensores, a nos mesmos, á parede, ó portalon, á canasta...en fin... para esquecer.
Eles ó seu, defensa ben posicionada, e a deixar correr os minutos. Déronnos da medicina que nos demos moitas veces.
O peor, o do final, donde pagamos a nosa frustración en ataque,cunha frouxa defensa nos tres derradeiros goles.
Agardemos que fora un accidente, onde todo, ou case todo o que podía sair mal, saiu peor.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Marcos F. - Jonas - Vidal e Borja; Bizza, Eloy, Pablo, Jose, Jony, Breixo e Luis.
SPORT SALA CULLEREDO F.S.: Castro - Alejandro - Bichi(1) - Oscar(2) e Manitas; Fernando(1), Ignacio, I. Socastro(1) , J. Alberto e Iago(1).

GOLES:

  • O-1 (min.5) Balón ó pivot que deixa de cara para que Fernando fusile.
  • 0-2 (min.18) Oscar recolle un pase no recuncho, desfaise de Jonas, e bate a Kuka por entre as pernas.
  • 0-3 (min.18) Oscar vaise por banda e axusta o seu disparo ó pau longo.
  • 0-4 (min.31) I. Socastro recibe un saque de banda, recorta a Borja, e bate a Bizza na sua saida.
  • 0-5 (min.19) Eloy perde a bola nun saque de porteiro-xogador, e Bichi marca tras regatealo.
  • 0-6 (min.19) bola por banda cara Iago que define ante Bizza.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Animo e a seguir loitando. Ata o mellor escribano comete un borron.