Páginas vistas en total

lunes, 16 de octubre de 2017

S.D. PAZOS Fútbol Sala 7 - 2 CAMPITO F.S.

Victoria no "derbi" que nos enfrontou este pasado sábado, ó veciño Campito F.S..
Un choque bastante mais parello do que reflexou o marcador final, pois os de Chapela, plantáronlle cara de sobra ós nosos ata que recibiron o segundo gol.
No primeiro tempo a igualdade foi a tónica. Comezamos mellor co rival, para ir diluíndonos co paso dos minutos ata rematar sendo superados nos minutos finais.
Os porteiros, tamén serían protagonistas do excueto resultado ó descanso. Tanto Bizza, con alomenos tres intervencións meritorias, como Yago, con outras tantas, destacaron neste periodo.
Cabe mencionar que voltamos recibir un gol de dobre-penalti a segundos do descanso. Algo que ocorreu en tres das cinco xornadas disputadas, e que xa empeza a soar a broma.
Á volta dos vestiarios, gol de Breixo en estratexia. O cal, ademais de pornos por diante no electrónico, fixo mella na moral do contrario.
Melloraron os veremellos co resultado a favor, facéndose co control do xogo, e tralo afortunado gol de Marcos F., o partido xa so tería un dono.
Manifestar o orguño de club e corpo técnico, ante o compromiso que está a demostrar o plantel ata este momento. Se ante o Culleredo foron o mister Fran, e Eloy, os que fixeron un viaxe relámpago dende Salamanca para poder estar, nesta ocasión, foron Breixo e Marcos F., os que puxeron todo da sua parte para comparecer ante o Campito F.S..

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Pablo - Jonas(1) - Alexis e Vidal; Kuka, Marcos F.(1), Eloy(2), Jose, Jony, Breixo(1) e Luis(2).
CAMPITO F.S.: Yago, Jonathan, Alejandro, Lucas e Fredo; Pablo, Miguel(1), Daniel C., Cristian, Daniel E., Xaime(1) e Ezra.

GOLES:

  • 1-0 (min.7) Estratexia de corner que finaliza Eloy cun zurdazo exterior.
  • 1-1 (min.19) Dobre-penalti que executa Xaime.
  • 2-1 (min.20) Estratexia de banda, e asistencia de Luis ó segundo pau para que Breixo transforme de primeiras.
  • 3-1 (min.28) Presión alta, e bola que cae ós pes de Marcos F. que coa colaboración dun defensor, pona na rede.
  • 4-1 (min.30) Boa elaboración, Luis para Eloy, que anota cun chut raso de calidade dende lonxe.
  • 5-1 (min.31) Jose rouba en primeira liña de presión, e ante o porteiro, cédella a Luis que marca a pracer.
  • 6-1 (min.35) Luis rouba no xogo de cinco rival e convirte dende medio campo.
  • 7-1 (min.36) Jonas faise cunha bola en media pista, e define por alto cun toque sutil ante o porteiro-xogador.
  • 7-2 (min.39) Perda de bola nun pase paralelo en zona defensiva, e Miguel fusila a Kuka.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

No se como os las apañais pero siempre estais plagados de bajas y lesionados, y despues acaban jugando todos. Si vuestras bazas para ganar confianza, es mentir en vuestro blog mal vamos. Creo que teneis equipo de sobra para no andar con tanto llanto de mentira.

Suerte en esta temporada anda

Unknown dijo...

Estas muy equivocado....durante la semana de entreno tenemos muchas bajas y hasta el día antes del partido esos lesionados siguen sin contarse para el partido.....
Pero lo que si tiene este equipo es que aún estando tocados,lesionados.....cumplen y van al partido!
Es honorable que por su parte aun estando mal prueben para sumar y no para restar.

No damos pena,damos ejemplo de lucha y compromiso.

Hazte esta pregunta, tu equipo tiene el mismo compromiso con sus compañeros y afición?

Un saludo de una aficionada del SD.Pazos fs.

Administrador dijo...

En resposta o primer comentario desta entrada, queremos manifestar o seguinte:
Ainda que respetable e incluso comprensible a tua opinión, deberías tratar de entender, que nós, como calquer club, non estamos obligados a dar a nosa convocatoria, e que si o facemos, non e por outro motivo mais que o de informar ós NOSOS aficionados. De ningunha maneira, coa intención de tratar de confundir ou enganar ós rivais.
De tódolos xeitos, resulta obvio que ningún equipo vai afrontar un encontro con mais ou menos garantias por estar, ou non, este ou aquel xogador.
Como é normal, agardaremos por calquer membro do noso plantel que poida chegar a tempo ata o derradeiro minuto.
No futuro, tentaremos ser mais "rigurosos" coas convocatorias para tratar de evitar malos entendidos. Grazas por seguirnos.