Vistas de página en total

viernes, 19 de enero de 2018

XORNADA 15

Este sábado pechamos a primeira volta da liga enfrontándonos ó noso inmediato perseguidor e quinto clasificado da competición, o Ribeira F.S..
Empatados a puntos, resulta obvia a importancia deste choque para os intereses  de ambos equipos. Unha derrota afástate do tren de cabeza, e un empate tampouco é que sirva de moito, polo que a ecuación semella so ter unha solución.
O Ribeira será un rival durísimo como sempre, mais ainda se cadra este ano, no que están a confirmar os bos presaxios que se intuían da campaña pasada.
Unha derrota ante o líder, e cinco empates son a sua bagaxe no que vai de curso.
Cos mesmos ca semana pasada, e en similares condicións, afronta Fran este trascendetal envite.


S.D. PAZOS Fútbol Sala - RIBEIRA F.S.
DATA: 20-01-18 HORA: 19:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén.

CONVOCATORIA:

  • Kuka
  • Bizza
  • Pablo
  • Eloy 
  • Jose
  • Jonas
  • Alexis
  • Jony 
  • Vidal
  • Guille
  • Breixo
  • Luis 
BAIXAS:
  • Marcos F. (motivos laborais)
  • Borja (lesión)
  • Diego (motivos laborais)



No hay comentarios: