Vistas de página en total

martes, 23 de enero de 2018

S.D. PAZOS Fútbol Sala 8 - 1 RIBEIRA F.S.

Trala victoria deste pasado sábado, a S.D. Pazos, consigue rematar a primeira parte do campeonato nunha meritoria terceira posición.
Ante o Ribeira, os de Fran, volveron a estar á altura das circunstancias, e cun notable primeiro tempo, deixaron encarrilado o encontro.
Realmente case que so se pode falar deste periodo, por que o segundo foi moi extraño ante o carrusel de expulsións do equipo contrario.
Ainda que durante o transcurso do choque imperou a deportividade, e non houbo ningún tipo de tangana ou entrada dura, os colexiados non pasaron unha.
A cada protesta medio airada tarxeta ó canto, e isto, unido a algunha infracción e incluso algún "mal" cambio, desembocou no acontecido.
Os vermellos ante un rival directo, trataron de impor o seu xogo, exercendo unha  presión alta que incomodaba moito o bo trato de balón lugués.
Esta estratexia funcionou, e logo de rondar o gol en varias ocasións claras, Jose, inauguraba o marcador.
O segundo gol viria nunha superioridade. Primeira tarxeta por unha protesta dende o banco, e segunda, por unha entrada sobre Luis que non xera dúbidas.
Aproveitámola ben, e Jonas cheo de calidade facía o segundo.
O terceiro case de seguido. Un golazo de Luis, permitíanos ir ó descanso cunha ampla renta, á vez, que deixaba moi tocados ós visitantes.
O segundo tempo comenzaría con ritmo, e dando a sensación de que quedaba moita tela por cortar, pois eles non semellaban darse por mortos.
Por sorte, pronto cortamos calquer posibilidade de reacción, e o cuarto si que foi unha lousa.
Despois o dito, desquicie xeral visitante ante un arbitraxe como mínimo riguroso, e nós a rematar o encontro do mellor xeito posible.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Pablo - Jonas(3) - Breixo(1) e Luis(1); Kuka, Eloy(1), Jose(1), Alexis, Jony(1),Vidal e Guille.
RIBEIRA F.S. : Nicandro - Marcos - David - Alberto e Silbán(1); Samuel, Jairo, Javier, Lobeiras e Francisco.

GOLES:

  • 1-0 (min.7) Jose rouba na presión en area rival, e pica suave ante a saida do porteiro.
  • 2-0 (min.16) Superioridade 4x3, bola ós pes de Jonas, e exquisita vaselina ó porteiro cando este o encima.
  • 3-0 (min.18) Pablo rouba en media pista e xoga en longo con Luis, que se vai en velocidade, e ante a saida do porteiro, define coa zurda con outra espectacular vaselina.
  • 4-0 (min.24) Xogada persoal de Jose, punteira que rexeita o meta, e a bola morta empúrraa Jonas a rede.
  • 5-0 (min.26) Roubo ante o porteiro-xogador, Eloy e Jony vanse en velocidade, e o sete sirvella ó dous que anota a porta valeira.
  • 6-0 (min.31) Nova superioridade 4x3, circulación rápida, e Jonas remata de primeiras dende a lateral.
  • 7-0 (min.33) Breixo faise cunha bola ante o porteiro-xogador, e marca cun chut dende campo propio.
  • 7-1 (min.38) Boa elaboración de cinco que remata Silbán no segundo pau.
  • 8-1 (min.39) Novo roubo diante do porteiro xogador, Eloy e Guille vanse en paredes, tiro de Guille ó pau, e o rexeite materialízao Eloy. 



No hay comentarios: