Vistas de página en total

viernes, 9 de febrero de 2018

CARBALLIÑO F.S. 3 - 7 S.D. PAZOS Futbol Sala

A S.D. Pazos logrou traer os tres puntos de Carballiño logo dun dificilísimo encontro.
Era este un partido trampa, e vendo os primeiros quince minutos do mesmo, non queda absolutamente ningunha dúbida.
Os locais, para nada semellaron ser o derradeiro clasificado da competición, e aprobeitando o total desconcerto dos nosos, metéronlle un auténtico repaso.
3-0 no minuto trece, xusto, e que puido ser bastante peor, se non fora polas duas ou tres prodixiosas intervencións de Kuka.
O porteiro vigués mantívonos con vida neses intres, e deu pe a unha posible remontada.
Esta comenzaríaa Jose, na mais clara que tivemos no primeiro tempo, porque o resto, casi todo foron tiros lonxanos que non chegaban a ser definitivos.
A segundos para o descanso, o Carballiño quedaría cun home menos, por dobre cartón a un dos seus, o que nos permitiría comezar o segundo tempo con superioridade numérica.
A arenga de Fran no intervalo quedou ben interiorizada, porque o equipo foi outro tralo tempo de asueto.
Un EQUIPO, así de sinxelo.
Aprobeitamos o 4x3, para continuar arrinconando a un rival que pouco a pouco iría quedando sen folgos.
Acumulamos moitas ocasións, paradóns do porteiro, un pau de Alexis, un zapatazo de Pablo ó longueiro... os goles tiñan que chegar, e trala igualada obra de Eloy, xa so era cuestión de tempo.
Luis plasmaba a remontada, e a pesar de que O Carballiño quixo aguantar, xa non podería coa ambición vermella.
Toque de atención en toda regra, e que non fai mais que demostrar a competitividade desta liga. 
O peor, a lesión de Jonas, que estaba atravesando un gran estado de forma, e que o manterá lonxe dos terreos seguramente por varias semanas.

CARBALLIÑO F.S.: Daniel - Edu - Edgar - David(2) e Cristian(1); Ramiro, Jesús, Iván, Antonio e Anxo.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Pablo - Jonas - Jony e Luis(3); Bizza, Eloy(2), Jose(2), Alexis, Vidal, Anxo e Quique.

GOLES:

  • 1-0 (min.1) Estratexia de banda que finaliza David anticipándose a Jonas.
  • 2-0 (min.10) Falta directa que transforma Cristian.
  • 3-0 (min.13) Slalom de David que anota diante de Kuka.
  • 3-1 (min.14) Luis desborda en banda e pona no interior da área, donde Jose, marca logo de tentar desviar ó meta.
  • 3-2 (min.21) Superioridade 4x3, que remata cun bo chut de Eloy dende fora da liña de puntos.
  • 3-3 (min.31) Golazo de Eloy cunha uña cruzada a media altura dende un lugar similar ó anterior.
  • 3-4 (min.33) Detén Kuka e saca lixeiro sobre Luis, que se vai en velocidade, e define no man a man co porteiro.
  • 3-5 (min.33) Luis rouballa ó porteiro-xogador en medio campo, e marca cun disparo rápido coa esquerda.
  • 3-6 (min.39) Luis marca dende propio campo logo de facerse cunha bola ante o porteiro-xogador.
  • 3-7 (min.39) Penalti por man clara que executa imparable Jose.


No hay comentarios: