Páginas vistas en total

sábado, 3 de febrero de 2018

XORNADA 17

Este vindeiro sábado os nosos, visitan a cancha do colista, o Carballiño F.S..
Difícil tempada, a que está a vivir o mítico conxunto verde, e na que seguramente pagou na primeira volta, a peaxe por mor da xuventude do seu plantel.
Para esta segunda, reforzouse con dous xogadores veteráns e de moitísimo nivel, como son os casos de Edu e Gil, e que a priori deberían facerlle mellorar os seus rexistros.
De entrada, veñen de por contra as cordas ó segundo clasificado, a A Estrada Futsal, e nada mais e nada menos que no seu propio feudo; un claro aviso a navegantes.
Fran e o seu corpo técnico, prepararon a conciencia este encontro, dándolle por suposto, toda a importancia que merece.
Ante as ausencias, votaranse man dos xuvenís Quique e Anxo para completar a convocatoria.

CARBALLIÑO F.S. - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 03-02-18 HORA: 18:30 LUGAR: Pavillón municipal de Paco Chao.

CONVOCATORIA:

  • Kuka
  • Bizza
  • Pablo
  • Eloy 
  • Jose
  • Jonas
  • Alexis
  • Jony 
  • Vidal
  • Anxo
  • Quique
  • Luis 
BAIXAS:
  • Marcos F. (motivos persoais)
  • Borja (lesión)
  • Diego (motivos laborais)
  • Breixo (motivos persoais)


















No hay comentarios: