Vistas de página en total

jueves, 22 de febrero de 2018

S.D. PAZOS Fútbol Sala 6 - 3 FSF VILLA DE CEE

Recuperou a senda do triunfo a S.D. Pazos no encontro desta xornada, na que se enfrontou a un combativo FSF Villa de Cee.
Partido que resultou moito mais parello e complicado do que tal vez cabía agardar, pero no que finalmente, conseguimos que os puntos ficaron na casa.
O equipo estivo algo reservón, sobre todo de inicio, e so exerceu unha presión abafante en momentos puntuais, algo que agradeceu sobremaneira o conxunto visitante.
A eles vaille ese ritmo, que os deixa respirar, e que dado o seu carácter peleón, os mantén con vida en todo momento.
Nós non soubemos, ou non puidemos, cambiar esa situación, e a piques estivemos de levar un bo susto.
Ó descanso fómonos cun resultado de 2-0, que tal vez foi o mellor deste periodo, por que ocasións houbo para ambos bandos. Ainda que os nosos disfrutaron de mais, a suas tamén foron moi claras.
Como salientables, os dous goles, e dous paus para nós, e dous paus igual para eles, xunto con algún man a man ben solventado por Bizza.
No segundo tempo, e cando mellor estábamos, saltaría a sorpresa.
Erramos tres moi claras para baixar a persiana, e cando nos demos conta, en tres contras, atopabámonos por debaixo no electrónico.
A reacción sería inmediata, e cun ímpetu abrumador, os vermellos, lograrían que as augas volveran ó seu cauce.
Nos minutos finais, xa sería nadar e gardar a roupa.
Ollo, porque igual a proxima vez,  non da temo a arreglar o entorto.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Jose(1) - Pablo - Vidal e Luis(2); Kuka, Eloy, Jonas, Alexis(1), Jony(1), Aarón e Breixo(1).
FSF VILLA DE CEE: J. Angel, Pablo(1), Eduardo(1) Aitor e Javier; Bruno, Santiago, Mario, M. Ángel e Jose(1).

GOLES:

  • 1-0 (min.14) Vidal combina con Luis no pivot, e o dez, define no man a man co porteiro logo de quebrar o seu par.
  • 2-0 (min.19) Eloy xoga en profundidade con Luis, que se vai por banda, e marca cun punteirazo coa esquerda á cepa do pau.
  • 2-1 (min.23) Estratexia de corner que repele Kuka en primeira instancia, pero o rexeite queda morto ós pes de Pablo que fusila.
  • 2-2 (min.24) Nova estratexia de corner que esta vez transforma Eduardo.
  • 2-3 (min.27) Balón ó pau de Pablo, e contragolpe que planta a Jose so diante de Kuka, ó que bate cun chut cruzado.
  • 3-3 (min.27) Eloy sobre Luis, que agarda a chegada de Jony para asistilo e que anote a pracer.
  • 4-3 (min.29) Espectacular pase filtrado de trinta metros de Alexis cara Breixo, que controla, e cruza ante o porteiro.
  • 5-3 (min.31) Luis recibe na área, e dalla á Alexis que anota libre de marca no segundo pau.
  • 6-3 (min.38) Contra ante o porteiro-xogador, Alexis para Luis, que a pon no segundo pau donde empurra Jose.

No hay comentarios: