Vistas de página en total

sábado, 24 de febrero de 2018

XORNADA 20

Este vindeiro domingo os vermellos, visitan a un dos equipos mais en forma do 2018, o Campito F.S..
O ex-equipo do noso corpo técnico, semella que atopou o rumbo, logo dunha moi mala xeira de resultados, e nestes intres vai sembrando o caos pola competición adiante.
Respeto e prudencia ante eles, porque somos coñecedores do que son capaces, e por que vimos de tres partidos nos que fomos moi irregulares, rendendo mal e ben, case a partes iguais.
Tras unha semana mala de adestramentos debido ás ausencias, con respecto á última convocatoria caese Breixo, por temas persoais.
Agardaremos ata o último momento para saber si Fran pode votar man de Jonas.

CAMPITO F.S. - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 25-02-18 HORA: 19:00 LUGAR: Pavillón municipal de Chapela

CONVOCATORIA:

  • Kuka
  • Bizza
  • Pablo
  • Eloy 
  • Jose
  • Jonas
  • Alexis
  • Jony
  • Vidal
  • Aarón
  • Guille
  • Luis 
BAIXAS:
  • Breixo (motivos persoais)
  • Borja (lesión)
  • Marcos F. (motivos laborais)
  • Diego (motivos laborais)




No hay comentarios: