Vistas de página en total

miércoles, 30 de mayo de 2018

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 2 CAMPITO F.S. (COPA)

Por tercer ano consecutivo, a S.D. Pazos Fútbol Sala estará na fase final da Copa de terceira división nacional, logo de desfacerse nos cuartos de final do Campito F.S..
Alí, agárdannos os dous primeiros clasificados da liga, Sala Ourense e A Estrada Futsal, e o sexto, T. ABC I.E.S. Coruxo F.S., que ven de dar a sorpresa nesta rolda ó cargarse ó cuarto, Vilalba F.S..
Con respecto o encontro do domingo, costou o seu a clasificación, pero igual mais por demérito noso que por outro motivo.
Os visitantes sen nada que perder, tiveron moi claro o seu plan dende o comezo.
Defensa en dez metros para tentar sair á contra, ou buscar algún balón en longo sorprendendo as nosas costas.
Nos non quixemos caer na trampa, e no afán de non precipitarnos, rematamos por practicar un xogo totalmente plano.
Duas claras ocasións tan so neste periodo, un remate de Luis que desbarataba ben Xorxe, e un tiro exterior de Alexis, que tocaba de novo Luis, topándose esta vez co poste.
Para eles, tamén unha moi boa. Paralela, e chut cruzado, que despexaba atinado Bizza.
O segundo tempo comezaría de xeito algo convulso, tras unha desafortunada acción sobre Kuka.
O porteiro vermello, chega sobradísino a un balón raso, e un xogador visitante, impacta na sua faciana sen absolutamente ningunha posibilidade de alcanzar o balón.
Vermella directa sen discusión, e Kuka, que ten que abandonar o terreo de xogo visiblemente dolorido.
Xestionaríamos mal a conseguinte superioridade, inquedando ó meta en tan só duas oportunidades, e recibindo ainda por riba, un tiro ó pau nun balón en longo fatal defendido.
O tempo comezaba a apremiar, e cando xa nos comezabamos a inquedar ó non conseguir anotar, providencial, chegaría o gol de Jonas.
Derribado o  muro, todo sería mais sinxelo, e nos seguintes minutos irían caendo os goles ata pechar totalmente a eliminatoria.
Nos segundos finais, o Campito F.S. maquillaría o resultado cun gol en xogo de cinco, e cun lanzamento de dobre-penalti.
Malas novas a recaida de Jose da sua lesión no primeiro tempo, o problema muscular de Vidal no segundo, amén do golpe de Kuka, que a ver ainda se non trae mais consecuencias.
Agardar poder con todos eles, que será difícil, para o reto que nos queda por diante.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Pablo(1) - Jonas(1) - Alexis(1) e Jony(1); Kuka, Jose, Aaron, Vidal, Luis e Borja.
CAMPITO F.S.: Xorxe - Daniel - Jonathan - Ezra(1) e Alfredo; Yago, Miguel, Alejandro(1) e Cristian.

GOLES:

  • 1-0 (min.29) Jonas recurta na frontal, e saca un tremendo punteirazo alto.
  • 2-0 (min.30) Pablo sorprende cunha uña centrada dende o borde da área.
  • 3-0 (min.34) Luis faise cunha bola no xogo de cinco visitante, e pásalla a Jony, que conduce e finaliza ante un defensor baixo paus.
  • 4-0 (min.35) Espectacular e longa elaboración colectiva, que remata cunha asistencia de Luis ó segundo pau, que funde na rede Alexis.
  • 4-1 (min.39) Xogada co porteiro-xogador en pista que finaliza Ezra.
  • 4-2 (min.39) Lanzamento de dobre-penalti que materializa Alejandro.




No hay comentarios: