Vistas de página en total

sábado, 2 de junio de 2018

FASE FINAL IV COPA F.G.F. 3ª DIV. FÚTBOL SALA

O Concello de A Estrada será o encargado de acoller este próximo fin de semana a fase final da IV Copa de 3ª división de fútbol sala.
Un evento que se disputará nun marco icónico da categoría, e no que se respira paixón polo fútbol sala, o pavillón municipal Coto Ferreiro.
Esta final a catro, contará cos tres primeiros clasificados da liga, e co sexto, pero sen esquecer que este último foi quen de rascar puntos contra todolos anteriores.
Resulta difícil sinalar un favorito claro, por que a priori, semella que todos poden ter as suas opcións.
Sala Ourense, vixente campeón do torneo e da recén rematada liga, A Estrada Futsal,  exerce de anfitrión, onde resulta pouco menos que invencible, e rematou segundo clasificado ligueiro, Nos, terceiro clasificado na liga, e capaz de gañar algún dos partidos que nos enfrontou ó resto, e por último, o T. ABC I.E.S. CORUXO F.S., é o "tapado" pero pode sorprender a calquera cun xogo que capitaliza ó extremo ó erro rival.
Fran, aparte das ausencias xa habituais, contará ademais coa notable baixa por lesión de Jose. Bizza, Eloy, e Vidal, formarán parte da expedición pero son seria dúbida.
Os xuvenis xa integrados por completo na dinámica do primer equipo, Martín, Aarón e Guille completarán a convocatoria.


SEMIFINAIS (P. M. COTO FERREIRO)

  •  SALA OURENSE - T. ABC I.E.S. CORUXO F.S. (sábado ás 17:00)
  • A ESTRADA FUTSAL - S.D. PAZOS Fútbol Sala (sábado ás 19:00)
FINAL (P. M. COTO FERREIRO)

  • GAÑADOR 1 - GAÑADOR 2 (domingo ás 12:00)

No hay comentarios: