Vistas de página en total

martes, 26 de junio de 2018

FIN DE TEMPADA

Nestes días pasados a S.D. Pazos Fútbol Sala baixou o telón ó curso 2017/2018.
A derradeira comparecencia vermella tivo lugar no salón de actos do concello, donde se celebrou a I Gala do deporte de Pazos de Borbén.
Alí, o conxunto senior recibiu un recoñemento de man do sr. alcalde, Don Andrés Iglesias, valorando a traxectoria do equipo esta tempada, coroada do mellor xeito posible coa consecución do título de Copa. Moitísimas Grazas.
En canto a valoración  desta campaña, poderíamos decir que se saldou con nota.
Participación curta en Copa Xunta, onde fomos eliminados ás primeiras de cambio por un oso como o Pizarras Los Tres Cuñados de 2ª div. B, pero ó que fomos capaces de competirlle de poder a poder a pesar do resultado final.
Salientable actuación na liga, onde rematamos finalmente na terceira posición.
Peloxaron os nosos o campeonato ata onde puideron, mantendo un pulso coa A Estrada Futsal por seguir o ritmo imposto por un insaciable Sala Ourense.
Merecidos campeóns os Ourensás, subcampeonato para os estradenses.
Así e todo, números aceptables dos vermellos. 63 puntos, con 20 victorias, 3 empates e 7 derrotas. 148 goles a favor (2º máximo realizador), e 99 en contra ( 4º menos goleado). Luis, con 40 goles foi o noso maximo anotador, e segundo na clasificación xeral.
Neste apartado, destacar tamén o papel dos recén chegados, Alexis, 18 dianas, ou Pablo e Vidal, con 11 e 10 respectivamente.
O resto dos goles repartíronse do seguinte xeito: Jony 16, Jose 16, Jonas 15, Eloy 9, Breixo 5, Marcos F. 3, Aarón 2, Borja 1, e en propia porta 2.
Por último, chegaría o turno da competición de Copa, resumida ainda hai excasas datas.
Inmaculado papel dos nosos rapaces, conxurados en que o esforzo realizado este ano, non podía quedar sen recompensa.
A xa catalogada, Copa de Pablo,  pola sua destacada actuación en todolos encontros, foi a Copa dun sensacional grupo humano.
TODOS sen excepción, aportaron o seu gran, lesionados, xuvenis, tocados (especialmente, Vidal, Eloy ou Bizza), corpo técnico, directiva...TODOS¡.
CAMPEÓNS, con todo merecemeto.
Este e a groso modo o resumo deste ano a nivel deportivo, no que como sempre, lle debemos todo á xente que nos acompaña. Os fieis aficionados, e ós Juan, Sergio, Diego...e compañía, quenes nos permiten poder adestrar con normalidade ante as ausencias laborais. GRAZAS.
Nas vindeiras datas iremos informando das novidades que vaian surxindo en torno ó plantel vermello, onde por primeira vez en moitos anos, non se agardan cambios salientables.



No hay comentarios: