Vistas de página en total

miércoles, 22 de agosto de 2018

ACTUALIDADE

Estamos de volta.
A S.D. Pazos Fútbol Sala, regresou ó traballo nestes días, logo dun verán atípico por estes lares dado o seu grado de tranquilidade.
Pechada a campaña pasada, o club, púxose mans á obra para tentar manter á totalidade do grupo anterior, e en gran medida, acadou o seu obxetivo.
O primeiro era conseguir a continuidade do corpo técnico, cousa que non semellaba nada sinxela, por mor dos compromisos tanto laborais, como persoais, que manteñen os tres compoñentes do mesmo.
Finalmente, grazas á insistencia de tódolos estamentos do club e dos xogadores.
Fran, Jonas e Adri, aceptaron levar o timón da nave vermella unha tempada mais. Agradecer o seu esforzo e innegable compromiso.
Pechado o primordial, tocaba a segunda tarefa, que non era outra que tratar de renovar a todo o plantel.
Demanda do corpo técnico, non se puido levar a cabo totalmente, pero si, nun porcentaxe elevado.
Abandonan a disciplina vermella tres xogadores, Marcos F., Breixo e Eloy.
Os dous primeiros, resultaba prácticamente obvio, pois apenas participaron na segunda parte do campeonato pasado, pero coa baixa de Eloy si que non se contaba.
MARCOS F., un dos grandes artífices dos nosos últimos éxitos, deixa de pertencer ó plantel case por lóxica. Accedeu a facer ficha de favor o último ano, pero coa sua situación laboral apenas se puido votar man del.
GRAZAS POR TODO, por sorte, poderemos seguir disfrutando da sua competitividade e experiencia nos adestramentos.
BREIXO, idem, disfrutamos del na mellor época a nivel logros deportivos. Xa avisara hai tempo das suas intencións, e esta vez, deu o paso definitivo.
Un dez como persoa, compañeiro, e xogador de club. Deixa as portas abertas de par en par para o que el queira. GRAZAS BREI.
ELOY, caso "especial" o do canteiran vermello, que valorou continuar, pero que finalmente, decidiu que non. Os problemas físicos, e o esforzo que lle supón compaxinar o tema  laboral co deportivo, non lle permiten comprometerse como lle gustaría, polo que declinou a posibilidade.
Unha Liga e unha Copa son a sua bagaxe en duas tempadas. GRAZAS, esta é a tua casa.
Renovan o resto. O núcleo veterán, Bizza, Jose, Luis, Jonas e Jony, Borja, e os "recén" chegados, Kuka, Pablo, Alexis e Vidal.
En canto ás fichaxes son cinco, considerando a DIEGO como tal.
O xogador de Amoedo, leva xa dous anos con nós, pero o seu traballo de fin de semana non lle permitía poder xogar. Este ano, por sorte si poderá facelo.
ALEX: O ex de Campito F.S., enrólase nas nosas ringleiras para confirmar as boas sensacións que transmitiu nas tempadas anteriores. Xogador mais destacado do cadro laranxa, e un dos máximos goleadores do curso pasado, 30 dianas, e ben conocido polo noso adestador. "Aportará traballo, unha zurda de calidade, e gol".
MONROY: Xoven xogador redondelán formado na disciplina do fútbol 11, quere probar no fútbol sala de certo nivel as suas innegables cualidades. Velocidade, desequilibrante un para un, e bo disparo coa esquerda, as suas credenciais.
JONY COSTAS: A fichaxe de mais lustre para esta tempada, por condicións, e polo nivel no que está acostumado a competir. Dous últimos anos na serie B italiana, e anteriormente no Bembrive F.S. en segunda división B. Completísimo, dinámico, e cun sin fin de recursos que ogallá se adapten ó noso engranaxe.
SERGIO: Volve a vestir a elástica vermella un xogador da nosa canteira. Adestrou toda a campaña pasada conosco, e o corpo técnico optou por proporlle formar parte do plantel. Pivot corpulento de chut durísimo, tratará de tomarlle o pulso á terceira división.
BENVIDOS e MOITA sorte¡¡¡.
Os xuvenis Martín, Aarón, Guille, Quique, Anxo e Dani. Formarán tamén, parte do grupo de traballo habitual.
Este é o resumo a groso modo do que será o noso equipo 2018/2019, o cal agardemos, que manteña esa ambición por tentar facer as cousas o mellor posible.


No hay comentarios: