Vistas de página en total

jueves, 30 de agosto de 2018

CUESTIONARIO D5 (KUKA)

Hoxe "arriscamos" xogando D5 cun dos porteiros, o dorsal 15, Kuka.

  1. ¿Que che parece a terceira división desta tempada, favoritos, sorpresas...?. Esta tempada aparenta ser mais apretada ca pasada, xa que os equipos darriba do ano anterior son favoritos, e os da parte media reforzáronse moitísimo. Ademais, o feito de que a actual tempada sexa mais longa, premiará ó equipo mais regular. Apostaría por Vilalba F.S., A Estrada Futsal, Talleres A.B.C., e por suposto nos.
  2. ¿Que opinión che merece o noso plantel para esta campaña? e ¿cal crees que debe ser o obxetivo?. Reforzámonos moi ben, con xente xoven, con ganas e ilusión, que é o que define a este equipo. Debemos aspirar a todo. Vislúmbrase un cambio xeneracional, e penso que a xente que temos pode ser un gran relevo.
  3.  No plano persoal ¿que metas ou obxetivos te marcas?. Continuar aprendendo dos meus grandes compañeiros e poder ensinarlles todo o que eu sei. Para min, o obxetivo por enriba do persoal, é o grupal, polo tanto, gañar liga e Copa sería un gran reto.
  4. ¿Tes algún referente, ídolo, ou alguén no que te fixes neste deporte? ¿equipo favorito?. Sempre tiven ós porteiros de referencia do momento como profesionais a imitar, Luis Amado, Rafa, Juanjo, Sedano...Ainda que ei de dicir que a quen admiro é a Pola, pois é o vivo reflexo de que con esforzo podes conseguir todo o que te propoñas. Equipo favorito non teño, pero sempre me quedo cos que apostan pola canteira.
  5. ¿Cómo te sientes no club? e ¿tenta definilo nunha palabra?. No club síntome en familia, xa que o equipo é unha piña. Nunha palabra, GRUPAZO.

No hay comentarios: