Vistas de página en total

martes, 28 de agosto de 2018

CUESTIONARIO D5 (MONROY)

No segundo cuestionario, un debutante no equipo e na categoría, imos D5 co dorsal 4, Monroy.

  1. ¿Que che parece a terceira división desta tempada, favoritos, sorpresas...?. Non coñezo moito a liga, xa que este é o meu primeiro ano no fútbol sala, pero deduzo que será unha competición bastante igualada. Favoritos, A Estrada Futsal e Talleres A.B.C., e agardo e confío en que nos tamén estemos loitando por eses postos.
  2. ¿Que opinión che merece o noso plantel para esta campaña? e ¿cal crees que debe ser o obxetivo?. O equipo gústame moito, tanto dentro da pista, como fora,  é un grupo acolledor. ¿Obxetivo?, as tempadas son moi longas, pero estou seguro de que imos competir contra calquera.
  3.  No plano persoal ¿que metas ou obxetivos te marcas?. Espero ir gañando minutos pouco a pouco xa que teño moito que aprender. Adaptarme o antes posible ó equipo e á liga, para que todo resulte un pouco mais sinxelo.
  4. ¿Tes algún referente, ídolo, ou alguén no que te fixes neste deporte? ¿equipo favorito?. Fíxome en Ricardinho, xogador completísimo. Encántanme os xogadores cun bo 1x1, e o del é brutal. Tamén me fixo en Pola, xogador da zona, que foi escalando posicións ata ser fundamental nun dos mellores equipos de Europa. O meu equipo é o Barca.
  5. ¿Cómo te sientes no club? e ¿tenta definilo nunha palabra?. Síntome ben, saben que veño do fútbol e todos tratan de axudarme en todo, para que vai collendo os conceptos básicos. Nunha sola palabra, ambición.

No hay comentarios: