Vistas de página en total

sábado, 25 de agosto de 2018

CUESTIONARIO D5 (LUIS)

Este ano, a modo de tentar achegar algo mais o equipo ós nosos siareiros, iremos publicando entrevistas a cada un dos xogadores do plantel. Serán cinco preguntas, de ahí o título da entrada.
Na primeira delas, saimos D5 co xogador mais veterán, o dorsal 10, Luis.

  1. ¿Que che parece a terceira división desta tempada, favoritos, sorpresas...?. Competida, coma normalmente, e seguramente mais este ano que o pasado, xa que non creo que se decida con tanta antelación. Favoritos, A Estrada Futsal, ainda que veremos como encaixa tanto cambio, Sport Sala Culleredo, que xa demostrou que podía estar arriba, tal vez Vilalba F.S., T. A.B.C....e agardo que nos tamén estemos nesa terna.
  2. ¿Que opinión che merece o noso plantel para esta campaña? e ¿cal crees que debe ser o obxetivo?. Gústame o plantel, sobretodo, porque por fin conseguemos ter xogadores xovenes importantes, algo que semellaba imposible noutrahora. Obxetivo, debe ser o de sempre aquí, tentar competir contra calquera.
  3.  No plano persoal ¿que metas ou obxetivos te marcas?. Seguramente este será o meu último ano, a lo menos a este nivel. Se me respetan algo mais as lesións que o pasado, agardo axudar en todo o que poida, tanto dentro, como fora da pista.
  4. ¿Tes algún referente, ídolo, ou alguén no que te fixes neste deporte? ¿equipo favorito?. Tiven varios, que eu xa teño unha idade. Paulo Roberto foi o número un, e despois Marquinho creo. Hoxe en día gústame todo o que representa Miguelín. Equipo, á marxe do noso, El Pozo Murcia.
  5. ¿Cómo te sientes no club? e ¿tenta definilo nunha palabra?. Pois síntome na miña casa, porque é o club donde me formei. ¿Nunha palabra? coraxe.

No hay comentarios: