Vistas de página en total

jueves, 11 de octubre de 2018

CUESTIONARIO D5 (JONAS)

Hoxe saimos D5 cun veterán dos xa considerados da casa, o dorsal 6, Jonas.

  1. ¿Que che parece a terceira división desta tempada, favoritos, sorpresas...? Pois esta liga creo que vai a ser moi igulada, e agardo que como o ano pasado, vaia a haber como dous grupos, os de arriba e os de abaixo. Os meus favoritos son, Vilalba F.S., Sport Sala Culleredo,e despois T. A.B.C. e A.D.F.S. Bueu, que se reforzaron moi ben, e seguro que estarán arriba ó igual ca nos. A sorpresa, creo que pode ser o Santa Isabel, que teñen bo equipo,e xa saben o que é a terceira división.
  2. ¿Que opinión che merece o noso plantel para esta campaña? e ¿cal crees que debe ser o obxetivo?. Bueno é o mellor plantel nos cinco anos que levo eu aquí, pero despois iso tense que demostrar no campeonato, de nada vale ter un equipazo e non xogar como tal. Ainda así, fichouse moi ben, e agora é traballo de Fran e meu que isto funcione e todos estén a gusto. Obxetivo, pois o primeiro e ver o nivel que dan o resto, porque o ano pasado, o Sala Ourense non deu opción algunha. Do que estou seguro, e de que todolos equipos sufrirán para tentar levarse algún punto cando se enfronten a nos, asique o meu obxetivo é estar entre os tres primeiros, e ser un EQUIPO todo o ano.
  3.  No plano persoal ¿que metas ou obxetivos te marcas?. A nivel personal este ano a miña meta é facer moita "piña", e tentar crear bo clima nos adestramentos. O ano pasado fíxoseme duro e longo ó estar toda a tempada de adestrador-xogador durante a semana, asi que tentarei centrarme mais na faceta adestrador, e que os meus compañeiros se vaian a casa coa sensación de que o entreno valeu a pena, e eu, seguir mellorando e aprendendo deles.
  4. ¿Tes algun referente, ídolo, ou alguén no que te fixes neste deporte? ¿equipo favorito?. Neste tema de referentes teño varios. Na miña etapa xuvenil estaba no Marcote, e acordo de ver a Xan no Vigo, a calidade que tiña, e que tácticamente era perfecto. Mais adiante, Alvaro, ex-El Pozo e Inter, mais do mesmo, un xogador diferente e que sempre facía todo ben. Como non Alemao, que son palabras maiores. Por último, Pola, por todo o que representa para este deporte e a cidade de Vigo. Polos seus valores, e o seu empeño en chegar a donde está hoxe, un crack, dentro e fora da pista.
  5. ¿Cómo te sientes no club? e ¿tenta definilo nunha palabra?. A nivel club sinto que é o mellor sitio donde podo estar. Para moitos unha "secta", pero da que neste caso te acabas namorando de todo. Dende o presi, que é un home moi cercano, directiva, que sin facer de menos ó resto, tanto Mon como Jessy, son os pilares fundamentais, corpo técnico, no que me sinto un mais, e por último e mais importante, os compañeiros. Eles, son os que chegan a tódolos entrenos e partidos cunha ilusión que te contaxia, e que fai que veñas con mais ganas. Despois gustaríame destacar a alguén por enriba de todos, e é Lu. Que non solo son goles, que é o que se ve cada fin de semana, senon que fai de psicólogo-animador de todos e cada un dos membros deste plantel, e que non deixa que ninguén baixe os brazos nunca. Igual aprendín mais del no aspecto humano que no futbolístico, e xa é difícil, porque é un crack. Resumir nunha palabra o que é o club, para min sería familia.

1 comentario:

Unknown dijo...

Moitas grazas Jonas pola parte que me toca, sabes ben que o respeto e a admiración é mutua, tanto dentro como fora da pista. Estiven lúcido o día que che propuxen que viñeras para Pazos, porque todos saimos gañando. O club, que fichou un xogadorazo super comprometido, ti, que pensó que creceches a todolos niveles (sobre todo sacrificio ja,ja,ja...), e por suposto eu, que podo disfrutar do teu fútbol sala a diario. O malo vai a ser aguantar a estes ahora...mamaaaa!.