Vistas de página en total

miércoles, 10 de octubre de 2018

S.D. PAZOS Fútbol Sala 6 - 2 T. ABC I.E.S. CORUXO F.S.

Victoria solvente da S.D. Pazos no encontro deste pasado fin de semana ante un dos teóricos candidatos ó título esta tempada.
Os nosos realizaron un bo partido, no que primou a concentración e o traballo por enrriva de todo, continuando coa liña ascendente da xornada anterior.
Primeiro tempo no que nos impuxemos por xogo e ocasións, cun ritmo alto e presión, que incomodaba sobremaneira ó rival.
Cometemos menos erros dos habituais, e cando os tivemos, sempre emerxía a figura de Kuka para minimizalos.
No segundo, non habería lugar á relaxación, e de non ser pola notable actuación de Toni, ou estar mais finos de cara á porta, o dano infrinxido puido ser bastante maior.
Os minutos finais de "comprensible" relaxación, ensombreceron algo, unha plácida tarde para a parroquia vermella.
Alcanzamos o liderato en solitario antes do parón por mor do festivo, anecdótico a estas alturas, pero que debe valer como motivación para seguir taballando da mesma maneira.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Pablo - Jonas(1) - Jony(1) e Luis(1); Bizza, Jose(2), Jony Costas, Alex(1), Alexis, Diego e Sergio.
T. ABC I.E.S. CORUXO F.S.: Toni - Quique - Bruno -  Jorge e Cristian; Iván, Parra, Gustavo, Pablo, Martín(1), Iago e Oliver(1).
GOLES:

  • 1-0 (min.7) Transición, Jony Costas con Luis, que lla da a Jonas, e este, a Jose que remacha no segundo pau.
  • 2-0 (min.17) Estratexia de corner, e Jonas que remata cruzado no interior da área.
  • 3-0 (min.18) Jony profia un balón e levao tras dous rebotes, e ante Toni, finaliza cun disparo seco sin dar opción.
  • 4-0 (min.23) Trallazo de Jony dende a frontal, e rexeite do porteiro que aproveita Luis para marcar de volea.
  • 5-0 (min.26) Contragolpe, e combinación de pases entre Jose e Jony, que ante o porteiro, asiste para que machaque o capitán.
  • 6-0 (min.29) Superioridade 4x3, Alex faise cunha bola ó borde da área, recurta, e anota cun disparo potente.
  • 6-1 (min.37) Perda de Alex que arrisca nunha saida de presión, e Oliver pica o balón ante a saida de Kuka.
  • 6-2 (min.39) Frouxa defensa ante o xogo de cinco rival, que convirte por medio de Martín.

No hay comentarios: