Vistas de página en total

domingo, 21 de octubre de 2018

CUESTIONARIO D5 (SERGIO)

Imos rematando cos cuestionarios D5, e nesta é turno para o derradeiro dos novos, o dorsal 16, Sergio.

  1. ¿Que che parece a terceira división desta tempada, favoritos, sorpresas...?. A terceira de este ano agardo que sexa cando menos tan competida como ven sendo estes últimos anos. Favoritos ó título, A Estrada Futsal xunto con nos, e equipo que pode chegar a ser a revelación, Vilalba F.S. penso eu.
  2. ¿Que opinión che merece o noso plantel para esta campaña? e ¿cal crees que debe ser o obxetivo?. O plantel deste ano paréceme inmellorable, somos un grupo moi completo. Dende veteráns como Lu, Jose, Jonas etc...á xuventude como Monroy, Vidal, Borja ou eu mesmo. Incluso xente con experiencia en ligas superiores como Jony Costas. Con respeto ó obxetivo que nos debemos marcar, tentar gañar a liga, ou polo menos disputala ata ó final.
  3.  No plano persoal ¿que metas ou obxetivos te marcas?. A nivel persoal, tentar aportar o máximo posible ó equipo, e todo o que veña despois no plano individual, benvido sexa.
  4. ¿Tes algún referente, ídolo, ou alguén no que te fixes neste deporte? ¿equipo favorito?. Ídolo, Sergio Lozano. Equipo favorito, o Barça de Marc Carmona.
  5. ¿Cómo te sientes no club? e ¿tenta definilo nunha palabra?. Este é o club no que me criei, polo tanto estou na miña casa. ¿Definilo nunha palabra?, Orgullo.

No hay comentarios: