Vistas de página en total

jueves, 25 de octubre de 2018

PRAIAS DE BARREIROS C.D. 6 - 2 S.D. PAZOS DE BORBÉN

Chegou a primeira derrota en liga na xornada número cinco.
Un partido moi competido, no cal o resultado non reflicte o acontecido, a lo menos ata o minuto trinte e cinco, onde unha inusual baixada de plomos vermella, desembocaría nesta goleada.
Ata ese fatídico minuto, foi unha loita de poder a poder.
Comezamos mal, moi mal incluso, pero lograriamos recompoñernos, para seguramente, rematar sendo superiores antes do descanso, ó que se chegaría con taboas no marcador, 1-1.
Emoción e tensión, nun primer tempo que semellaba non deixar satisfeito a nadie.
Entramos mellor ó segundo, onde lle dariamos a volta ó resultado, pero sen conseguir en ningún momento gobernar de todo o encontro.
Xusto antes da igualada, eran os da casa os que tiñan que salvar baixo paus un remate de Luis, e entón, sería cando todo remataría para nos.
Corner tras un contragolpe, execución de "pillos", e 2-2 que afundía a moral vermella.
Non habería lugar a resposta, por que eles, alentados por unha incansable afición que non cesou de animar, non nos darían tempo a nada.
Creeron na victoria, provocando coa sua presión un erro absurdo dos vermellos, e co 2-3, o choque quedaba visto para sentencia.
As nosas facianas delatábannos. Pasamos de todo a nada en segundos, e quedamos sen capacidade de resposta.
O desalmado xogo de cinco proposto, unido a sua insaciable ambición, daría lugar o 6-2 definitivo.
A diferencia estivo niso. Eles, ainda por debaixo no marcador, confiaron sempre en que se podía, e nós, por contra, tralo empate baixámolos brazos.
Nunca valoramos a posibilidade do reparto de puntos, e preferimos pegarnos un tiro nun pe.
Felicitar ó rival, aprender, e a pensar na visita do lider a próxima semana.

PRAIAS DE BARREIROS C.D. : David R. - Antonio - Miguel(1) - Diego(3) e Carlitos(1), Rubén, Cesar, Borja(1), Mario, David F. e Boris.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza- Pablo - Jony - Vidal e Borja; Martín, Jose(1), Jony Costas, Alex, Luis(1), Diego e Sergio.

GOLES:

  • 1-0 (min.1) Combinación local ante o noso total desbaraxuste defensivo, e Carlitos que empurra libre de marca no segundo pau.
  • 1-1 (min.7) Acción persoal de Jose que guía un 3x2 polo centro, e el mesmo converte cun punteirazo exterior.
  • 1-2 (min.25) Luis vaise nun 1x1 en banda, e bate ó porteiro na sua desesperada saida.
  • 2-2 (min.35) Rápido saque de esquina que colle á toda a nosa defensa en babia, e gol de Miguel que remacha só no segundo pau.
  • 3-2 (min.35) Rocambolesca acción na que Jony tenta devolverlla a Borja de cabeza,a bola queda morta ó borde da área, e Diego a bote-pronto pona na escadra.
  • 4-2 (min.38) Perda de Jony Costas no xogo de cinco e gol á porta valeira de Diego.
  • 5-2 (min.39) contra dous 2x1 con Bizza que finaliza Borja.
  • 6-2 (min.39) Diego picaa ante Bizza nun man a man.

No hay comentarios: