Vistas de página en total

viernes, 5 de octubre de 2018

GRI CARBALLIÑO F.S. 2 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Segunda victoria no que vai de tempada para S.D. Pazos, nun encontro que costou o seu sacar adiante.
Como se prevía, este Carballiño mostrou unha cara distinta a do pasado, e cun plan ben trenzado, conseguiría manterse con vida prácticamente ata o final.
Deixounos governar a maior parte do tempo, para tentar aproveitar calquer tipo de erro, e sair con transicións rápidas ó contragolpe.
O noso deficit, como a xornada anterior, volveu a ser a falta de acerto, o que propiciaría o axustado do marcador ó descanso, 0-1.
Iso, e o bo facer dos porteiros, tanto o local, que tivo mais traballo e solventouno con nota, como Kuka, que deixou unha nova intervención extratosférica.
Jony, protagonista da tarde cun gol e duas asistencias, sería o encargado de poñernos ventaxa.
No segundo tempo, e case sen darnos conta, duas xogadas ailladas dos locais, volteaban o resultado, obrigando ós nosos a votar o resto nos minutos restantes.
Dous tiros ó pau de Jony Costas, xunto cun carrusel de oportunidades, serían presaxio dos goles finais que nos darían a victoria.
Tres puntos, moi, e ben traballados, nunha cancha que semella recobrou a dificultade de antano.

GRI CARBALLIÑO F.S.: Alejandro- Guerra(1) - Hector - Cristian e Gil(1) ; Daniel, Jesús, Angel, Anxo e Aitor.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jony Costas - Jony(1) - Alex e Luis(1); Bizza, Jose, Jonas(1), Alexis, Vidal, Diego e Borja.

GOLES:

  • 0-1 (min.19) Jony recibe en banda de Jony Costas, acomodaa, e saca un bonito latigazo cruzado.
  • 1-1 (min.28) Contragolpe local, e Gil que define no man a man con Kuka.
  • 2-1 (min.29) Durísimo chut lonxano de Guerra ó saque dunha falta que sorprende a un confiado Kuka.
  • 2-2 (min.32) Jony vaise por banda, e asiste cara atrás a Jonas que a pon na rede con tranquilidade.
  • 3-2 (min.38) "Croquetiña" de Jony en banda, e pase da morte que converte Luis.

1 comentario:

jamesfo8376 dijo...

very nice put up, i certainly love this web site, keep on it best online casino