Vistas de página en total

sábado, 6 de octubre de 2018

XORNADA 4

O equipo regresa a Pazos esta xornada, onde se enfrontará a un dos a priori, máximos candidatos ó título, o T. ABC I.E.S. Coruxo F.S..
O conxunto vigués ven de realizar unha notable campaña anterior, onde se mantivo prácticamente todo o ano na parte nobre da taboa clasificatoria, ademais de acadar o subcampeonato copeiro, logo dunha magnífica actuación en dito torneo.
Cun bloque xa recoñecible, e con xogadores de calidade como poden ser Bruno ou Parra, mais as novas incorporacións, semella que este ano poderían dar o salto definitivo.
Os vermellos pola sua banda,  recuperan a un dos importantes, como é Pablo, ainda que polo de agora non esté ó cen por cen. Por contra, son baixas sensibles, Vidal e Borja, ambos por compromisos persoais.
A idea, a de sempre, ser competitivos, e si pode ser, tentar mellorar a imaxe dada na casa a primeira xornada, e de paso continuar coa liña ascendente de xogo da última.

S.D. PAZOS Fútbol Sala - T. ABC I.E.S. CORUXO F.S.
DATA: 06-10-18 HORA: 19:30 LUGAR: Pavillón municipal Pazos de Borbén

CONVOCATORIA:

  • Bizza
  • Kuka
  • Pablo
  • Jose
  • Jony Costas
  • Jonas
  • Alexis
  • Jony
  • Alex
  • Luis
  • Diego
  • Sergio
BAIXAS:

  • Vidal (motivos persoais)
  • Borja (motivos persoais)
  • Monroy (motivos persoais)

No hay comentarios: