Partido dominado de cabo a rabo polos vermellos, que sen facer un bo partido, cercaron a área laranxa.
Os visitantes, cun plan evidente, resgardarse e aproveitar algún erro, defenderon como jabatos a sua portería, apoiados ademais en dous porteiros contrastados.
O 0-0 ó descanso fala ás claras do acontecido, con moitas mais ocasións para os da casa, e dous bos sustos do rival.
Na segunda por fin abriríamos a lata, e cando pensamos co difícil estaba feito, nunha bola ás costas, non podía ser doutro xeito, recibimos a igualada.
Quedaba pouco para o final, e os intentos pouco fructíferos de toda a tarde, mudaron cando Jony Costas recibiu na lateral, e o seu punteirazo se clavou en toda a escadra.
Sen tempo para mais, os tres puntos quedaban no municipal.
Xusto triunfo para o equipo que mais o quixo, sen restar ningún tipo de mérito ó gran esforzo realizado por parte do contrario.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Jonas - Alexis - Vidal e Jony(1); Jose, Jony Costas(1), Alex, Luis, Borja e Sergio.
CAMPITO F.S.: Marcos - Simón - Gabriel - Rubén e Fredo(1); Xorxe, David, Cristian e Roi.
GOLES:
- 1-0 (min.29) Bola que recibe Jony na área, e punteira arriba que non pode evitar Xorxe.
- 1-1 (min.36) Bola en longo sobre Fredo, que controla, e cruza de semivolea imposible para Bizza.
- 2-1 (min.39) Pase de Jony cara Jony Costas, que esquinado, saca unha uña cruzada a escadra. Golazo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario