Vistas de página en total

sábado, 24 de noviembre de 2018

XORNADA 10

"Derbi" no municipal de Pazos de Borbén entre os veciños do Campito F.S. de Chapela e o noso equipo.
Un partido que non ten nada de plácido, pois xa sabemos que neste tipo de eventos, os favoritos, o son menos.
Conxunto o chapeleiro de sobra coñecido, que comezou mal a campaña, pero que últimamente semella haber reconducido a situación.
Non coñece a derrota dende a xornada catro, e neste periodo foi quen de derrotar a un dos claros aspirantes ó título, como é o caso do Ribeira F.S., o que fala ás claras da sua perigosidade.
Partido "especial" para Fran e Adri, corpo técnico vermello, e por suposto para Alex, xogador que a tempada pasada vestía a camisola laranxa.
Repiten ausencia Diego e Pablo, e son seria dúbida Kuka e Luis, que non adestraron en toda a semana por sendos problemas musculares.

S.D. PAZOS Fútbol Sala - CAMPITO F.S.
DATA: 24-11-18 HORA: 19:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén

CONVOCATORIA:

  • Bizza
  • Kuka
  • Jose
  • Jony Costas
  • Jonas
  • Vidal
  • Alexis
  • Jony
  • Alex
  • Luis
  • Borja
  • Sergio
BAIXAS:
  • Pablo (motivos persoais)
  • Diego (lesión)

No hay comentarios: