Vistas de página en total

viernes, 23 de noviembre de 2018

VILALBA F.S. 3 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

S.D. Pazos F.S. e Vilalba F.S. firmaron taboas no encontro disputado o pasado sábado na localidade luguesa. Un choque, no que ambos equipos fixeron honra á categoría na que se desempeñan.
O empate a tres goles final poderíamolo considerar un resultado xusto, tralo espectáculo vivido, pois o que semella claro e que ningún merecía caer derrotado.
No primeiro tempo sería donde se vivirían os mellores momentos.
Comezaría golpeando o conxunto local, para acto seguido, respostar os vermellos por medio de Vidal, moi activo durante toda a tarde.
Saque de centro, e novo gol dos da casa, que para nada conseguía facer mella na  moral visitante.
Ataque e derribo sobre a portería vilalvesa, que se defendía con todo, e donde o meta se erixía como absoluto protagonista.
Partidazo, e 2-1 ó descanso.
O regreso dos vestiarios, resentiríase algo o nivel, pero non a emoción, que se mantería intacta.
Continuou a loita, e mediado o periodo, os vermellos conseguirían por fin, darlle a volta ó marcador.
Neses instantes chegaría a xogada que puido cambiar o desenlace final. Penalti clamoroso sobre Jony, que silenciaba ó municipal, pero que os trencillas optarían por non sinalar.
Arrebato final do Vilalba, que en xogada individual conseguiría de novo empatar.
No derradeiro suspiro, Bizza, cunha valente intervención permitiríanos traer algo de proveito para Pazos.

VILALBA F.S.: Santiago - Jose López(1) - Gago(1) - Diego Fente(1) e Paulo; Areñas, Rubén Mouriz, Nuno, Asier, Francisco, Roberto e Aitor.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Jony Costas - Jony -  Vidal(1) e Luis(2) ; Kuka, Jose, Jonas, Alexis, Alex, Borja e Sergio.

GOLES:

  • 1-0 (min.3) Xogada por banda de Diego Fente, e pase atrás cara Gago que cruza ante Bizza.
  • 1-1 (min.3) Recibe Vidal de Jony Costas ó borde da área, control orientado, e chut de calidade raso á cepa do pau.
  • 2-1 (min.4) Saque de centro, e acción de Diego Fente que conduce, e saca unha punteira que colle a contrapé a Bizza.
  • 2-2 (min.22) Luis recurta ó seu par, e define cruzado ante a saida do porteiro.
  • 2-3 (min.28) Pase forzado de Jony a Luis que finaliza de primeiras.
  • 3.3 (min.38) Acción individual de  Jose López que recurta a Bizza, e anota case sen angulo.



No hay comentarios: