Vistas de página en total

domingo, 30 de diciembre de 2018

5 CORUÑA F.S. 3 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. PAZOS Fútbol Sala non puido pechar o ano na primeira posición ligueira, logo de caer de xeito moi inxusto, ó noso parecer, en A Coruña.
Na que foi a terceira derrota no que vai de tempada, os de Fran, fixeron méritos de abondo para traer os tres puntos, pero a falta de acerto, a notable actuación do porteiro local, e a excasa fortuna, fixeron que regresaran a casa de valeiro.
Bo encontro en termos xerais dos vermellos, que foron en todo momento, quenes levaron o peso da contenda.
Unha perda na saida de balón, provocaría que o partido se lle puxera de cara os da casa a excasos minutos de comezar.
Isto, faría co seu único plantexamento de balóns longos ó pivot, cobrara maior protagonismo, mentras que ós nosos, non lle quedaría outra que bater contra unha parede.
Hilvanamos moito, contra a sua pechada defensa, pero unhas veces o meta, outras a falta de definición, e algún pau, como un chutazo de Vidal ó longueiro, deixábannos sen premio.
Martín, titular en detrimento de Bizza por un problema coa sua licencia, só tería que facer acto de presencia en todo o primer periodo, nun perigoso chut lateral.
Difícil de creer e asumir o marcador ó descanso de 1-0.
No segundo acto mais do mesmo. Nos a propor, e eles a defenderse e a vivir do pelotazo ó pivot.
Non lles ía mal, ata que a "lóxica" fixo acto de presenza.
Un claro penalti por man dentro da área, transformado con personalidade por Jony Costas, e un golazo de Alexis, nunha superioridade, puñan as cousas aparentemente no seu sitio, 1-2.
Pero non, o destino tíñalle reservado a Martín unha macabra broma. Falta de entendemento con Jonas nun pase atrás, e a bola que remataba na rede da xove promesa vermella, 2-2. Desgraciada xogada, que non empaña para nada a proxección do noso porteiro.
Uns intres despois, un corner mal defendido, permitiríalle ós locais, volver a coller ventaxa no marcador, 3-2.
Xa sería definitivo, a pesar dos nosos infructuosos intentos. Sobre todo, na derradeira acción do choque, donde unha volea do propio Martín nun saque de esquina, sairía a rentes do poste.
Quedaba claro que non era o noso día.

5 CORUÑA F.S.: Alfonso - Daniel - Adrián - Xián e Presno(2); Daniel A., Fernando, Luis, Sergio, Diego e Guillermo.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Martín - Jonas (1 p.p.) - Alexis(1) - Jony e Luis; Jony Costas(1) Vidal, Aarón, Alex e Guille.

GOLES:

  • 1-0 (min.5) Jonas perde en media pista, e contra de Presno que bate a Martín por entre as pernas.
  • 1-1 (min.25) Penalti que transforma Jony Costas de xeito inapelable.
  • 1-2 (min.30) Superioridade vermella 4x3, e zapatazo exterior de Alexis cruzado á escadra.
  • 2-2 (min.33) Acción desfortunadísima por parte dos nosos. Pase atrá de Jonas, Martín dubida se rompela e cometer cesión ou deixar pasar, opta polo segundo, e a bola entra paseniño na sua potería.
  • 2-3 (min.28) Estratexia de Corner, non saimos a tapar ó disparo exterior de Presno, e a bola que se vai adentro.

No hay comentarios: