Vistas de página en total

sábado, 12 de enero de 2019

XORNADA 14

Primeiro partido do ano, na que será a penúltima xornada da primeira volta.
Segundos clasificados actualmente, os vermellos, afrontan un mes que se antoxa clave para as posibles aspiracións finais, e que terá o seu primer gran escollo na tarde de hoxe.
O rival, o Sport Sala Culleredo F.S., conxunto que se está a repoñer dun mal comezo de curso, e que busca posicionarse nun lugar mais acorde á calidade do seu plantel.
Os nosos, pola sua parte, continuan cheos de problemas. O parón navideño serviu de pouco á hora de recuperar efectivos, mais ben, todo o contrario.
Fran continuará sen poder contar con Pablo e Jose, ó que se une tamén Bizza, mentras que Jony, cun proceso gripal, e Alex, con molestias musculares, son seria dúbida.

S.D. PAZOS Fútbol Sala - SPORT SALA CULLEREDO F.S.
DATA: 12-01-19 HORA: 19:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén

CONVOCATORIA:

  • Kuka
  • Rodri
  • Jony Costas
  • Jonas
  • Vidal
  • Alexis
  • Jony ?
  • Alex ?
  • Luis
  • Diego
  • Borja
  • Sergio
BAIXAS:
  • Pablo (motivos persoais)
  • Jose (lesión)
  • Bizza (lesión)

No hay comentarios: