Vistas de página en total

sábado, 19 de enero de 2019

S.D. PAZOS Fútbol Sala 7 - 3 SPORT SALA CULLEREDO F.S.

Partido típico de volta dun longo parón, onde os dous conxuntos, amosáronse faltos de ritmo competitivo e un tanto desubicados.
Notouse ese chisco de frescura e fluidez que xenera o paso das xornadas, pero nese escenario, gañou quen mais propuxo, e á vez mais se xogaba.
Sen facer un partido notable, os de Fran, sempre buscaron a victoria, e ainda que costou coller renta ante un conxunto que as sabe todas, a insistencia sobre a meta rival rematou por dar os seus froitos.
O primer tempo estivo mais igualado co segundo, levando nos o peso do xogo, mentras eles defendían e agardaban ó noso erro.
2-1 no intervalo, que deixaba todo aberto para o segundo acto.
Saimos con forza dende o inicio, e pronto se nos poría o encontro de cara.
Con eles obrigados a estirar as suas liñas e a deixar mais ocos, os locais, atoparían maiores facilidades.
O paso dos minutos, e o peso do resultado, remataría por desgastar a un excaso de efectivos conxunto visitante.
Queda que mellorar, e tentar recuperar xogadores, xa que nin Jony, nin Alex puideron ser da partida. Dende o triunfo, normalmente todo resulta mais sinxelo.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jonas(2) - Alexis(2) - Luis e Borja(1); Rodri, Jony Costas, Alex, Vidal, Diego(1) e Sergio.
SPORT SALA CULLEREDO F.S.: Alvaro - Socastro(1)(1p.p.)- Fernando - Oscar (1) e Iván; Jorge e Alejandro(1).
GOLES:

  • 1-0 (min.2) Luis encara ó seu par en banda, e pona no segundo pau onde Alexis remata de primeiras, 
  • 1-1 (min.4) Perda vermella en ataque, e contra de Oscar que define raso ante Kuka no man a man.
  • 2-1 (min.16) Saque de banda directo de Alexis, que Socastro mete en propia porteria ó tentar curtar. 
  • 3-1 (min.25) Xogada persoal de Jonas, que senta ó seu par co seu típico amago, e punteirazo arriba coa dereita.
  • 3-2 (min.27) Desaxuste defensivo que deixa a Socastro só diante de Kuka, ó que fusila cun punteirazo.
  • 4-2 (min.32) Balón que chega ós pes de Jonas na lateral, e uña que se vai adentro tras pegar no pau.
  • 5-2 (min.34) Luis deixa pisada de costas para Diego, que remata de primeiras en difícil posición.
  • 6-2 (min.37) Superioridade 4x3 ben elaborada, e pase cara atrás de Jonas que converte axustando Borja.
  • 7-2 (min.38) Contragolpe, e asistencia de Borja ó segundo pau que materializa Alexis.
  • 7-3 (min.39) Boa xogada de cinco que empurra no segundo pau Alejandro.




No hay comentarios: