Vistas de página en total

viernes, 29 de marzo de 2019

S.D. PAZOS Fútbol Sala 7 - 8 SANTA ISABEL F.S.

Resulta complexo tratar de explicar, ou entender, o actual momento que está atravesendo o equipo, que esta pasada xornada volvía a caer derrotado en Pazos.
Un encontro, que noutrora se houbese sacado adiante sen excesivos problemas, pero que a día de hoxe, non somos quen de facelo, nin chegando con ventaxa ós minutos finais.
Varias poden ser as causas desta dinámica tan negativa, factor físico, anímico, baixas, lesións na portería...pero o que está claro é que non se compite como anteriormente se facía, e non valen as excusas.
Contra o Santa Isabel F.S. comezamos ben, impuxemos o ritmo, e sempre logramos ir por diante con marxes de ata dous goles, e ahí, é xustamente cando nos enmarañamos.
Baixada de plomos xeral, pésima toma de decisións, erros individuais...e para a caseta con empate a catro goles, noutro final de periodo esperpéntico, no que rematarían expulsados un xogador por bando.
Así daba comezo o segundo acto, con catro para catro en pista do que sairíamos mellor parados, volvendo a tomar ventaxa.
Repetición casi exacta do xa acontecido, con bo xogo, malo, acertos, erros...un batiburrillo xeral, que como mal menor nos permitía chegar ó minuto trinta e cinco cun marcador favorable de 7-5.
Non se poderían xestionar peor estes fatídicos cinco minutos.
Porteiro-xogador en pista dos visitantes, defensa desaxustada en todo momento, e consecuente gol tras un erro grotesco.
Un chisco despois, a tan temida igualada, cos vermellos no limbo e sen capacidade de reacción.
O rival cheirou sangue, continuou igual, e o premio a sua valentía chegaría sen apenas tempo para mais.
Durísimo revés do que só se sae con traballo,ambición, e sobre todo orgullo, porque si non, agárdaranos  unha recta final de campeonato francamante complicada.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Martín - Jony Costas - Alexis(3) - Alex(1) e Luis(1); Bizza - José - Jonas(1) - Jony(1) - Vidal - Diego e Sergio.
SANTA ISABEL F.S.: Adrián - Fabián(2) - David - Alberto e Oscar M.(1); Adrián, Francisco J.(1), Rubén(1), Jairo(3) e Oscar I..

GOLES:

  • 1-0 (min.2) Saque de banda, Jonas para Alex, que a reventa coa zurda dende a liña de puntos.
  • 2-0 (min.4) Gol de manual. Jonas con Diego exercendo de pivot, deixada de cara deste, e punteirazo a rede de Jonas.
  • 2-1 (min.5) Contragolpe, balón ó longueiro, e o rexeite materializao Rubén con suspense.
  • 3-1 (min.8) Alexis rouba en media pista, conduce nun 3x2, e chut que non atina a atallar o porteiro.
  • 3-2 (min.13) Parede ó contragolpe que finaliza  Oscar M. de xeito un chisco afortunado.
  • 4-2 (min.15) Zapatazo exterior de Jony que se vai á escadra.
  • 4-3 (min.18) Francisco J. bate nun man a man a Martín.
  • 4-4  (min.19) Falta directa de Fabián que se cola por entre as pernas do noso cancerbeiro.
  • 5-4 (min.21) Parede á carreira entre Alexis e Jony, que a pon no segundo pau, onde Alexis remata, pau e adentro.
  • 6-4 (min.23) Disparo exterior raso de Alexis que sorprende ó porteiro.
  • 6-5 (min.32) Slalom dende propia pista de Fabián, o seu mellor home, que se vai de tres rivais, e saca un latigazo cruzado á escadra.
  • 7-5 (min.34) Jony Costas asiste a Luis ó interior da área, e control e definición do dez ante o porteiro.
  • 7-6 (min.35) Xogada co porteiro-xogador visitante, erro clamoroso local, e gol de Jairo na área pequena.
  • 7-7 (min.37) Jairo vaise de dous por banda, e o seu remate escorado colle a contrapé a Martín polo primeiro pau.
  • 7-8 (min.39) Acción de cinco un tanto embarullada, e bola morta que finiquita novamente Jairo.


No hay comentarios: