Vistas de página en total

sábado, 30 de marzo de 2019

XORNADA 23

Un domingo mais para a colección nas saidas de este ano, esta vez a Begonte.
Alí agárdanos o actual colista da categoría, o Concello de Begonte F.S., sumido nunha crise de resultados bastante imprevisible tralo seu primer tramo de campeonato, e similar a que nos tamén vivimos a día de hoxe.
Partido de necesidades absoluto, non cabe a  menor dúbida, para eles, porque se lle acaban as oportunidades de tentar manter a categoría, e para os vermellos, porque pode significar alonxarse definitivamente de calquer opción ó titulo.
Fran viaxa en cadro por diferentes vicisitudes no plantel, sendo a portería, o que entre comiñas, mais preocupa ó técnico vermello.
Kuka lesionado, Bizza en periodo de recuperación, e o xuvenil Martín, tomándolle o pulso á terceira división a marchas forzadas.
Jonas como parte do corpo técnico reflexionaba, "non son normais a cantidade de problemas que estamos a ter baixo paus, unha baza fundamental para nos" "confiamos cegamente en quen lle toque xogar, pero claro está que nos gustaría poder contar cos tres en plenas condicións" "agardamos ter os arrestos suficientes, para entre todos, volver a dinámica positiva" " e momento de tirar de ORGULLO e demostrar quen somos".

CONCELLO DE BEGONTE F.S. - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 31-03-19 HORA: 12:00 LUGAR: Pavillón municipal de Begonte

CONVOCATORIA:

  • Bizza
  • Martín
  • Jony Costas
  • Alexis
  • Jony
  • Alex
  • Luis
  • Diego
  • Sergio
BAIXAS:

  • Kuka (lesión)
  • Borja (lesión)
  • Pablo (motivos persoais)
  • Jonas (motivos persoais)
  • Vidal (motivos persoais)
  • Jose (sanción)

No hay comentarios: