Vistas de página en total

sábado, 27 de abril de 2019

5 CORUÑA F.S. 0 - 4 S.D. PAZOS Fútbol Sala (COPA)

A S.D. Pazos Fútbol Sala conseguiu acceder por cuarto ano consecutivo á Fase Final do torneo de Copa, donde poderá defender a sua condición de vixente campeón.
Cos nosos, estarán tamén o T. ABC I.E.S. Coruxo F.S., finalista a edición pasada, e dous conxuntos que están a realizar unha tempada sobresainte, o G.R.I. Carballiño F.S., inmerso na loita polo título ligueiro, e o Vigo 2015, un dos conxuntos revelación, noraboa a todos!
En canto ó partido de cuartos de final disputado na Coruña, destacar a conciencia e compromiso dos nosos xogadores, xa que era un deses dos que se adoita a denominar, de moito que perder e pouco que gañar.
Encontro aceptable, con bos e malos momentos, ante un rival que expuxo sobre a pista, a moito xogador xove da sua inesgotable canteira.
As nosas dúbidas do comezo, mudarían ó final do primer periodo, donde con dous zarpazos, lograríamos ir cunha boa renta ó descanso.
No segundo, contemporizar, aproveitar algunha chegada, e tentar conter a un rival que remataría por queimar as suas naves co porteiro-xogador, donde nos crearían bastantes problemas.
Moi ben Kuka neses intres, e victoria que nos permitirá disfrutar doutro fin de semana de festa ó remate da liga.

5 CORUÑA F.S.: Oscar - Rodrigo - Diego H. - Lukas e Presno; Daniel D., Diego C., Pablo, José M., Guillermo, Daniel P. e Adrián.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jonas(1) - Alexis(1) - Jony(1) e Vidal; Bizza, Jony Costas(1), Guille, Diego e Sergio.

GOLES:

  • 0-1 (min.17) Sergio que se perfila, e asistencia ó segundo pau que converte Jonas.
  • 0-1 (min.19) Paralela con Jony, que materializa por entre as pernas do porteiro.
  • 0-3 (min.28) Xogada de Jony Costas, que lla cede a Alexis para que remache á rede.
  • 0-4 (min.36) Jony Costas anota dende a frontal.

No hay comentarios: