Vistas de página en total

sábado, 13 de abril de 2019

V COPA 3ª DIVISIÓN FÚTBOL SALA

Esta fin de semana non haberá competición ligueira, pero os nosos, si terán partido, ó disputarse os cuartos de final da Copa de terceira división, da cal somos actuais campeóns.
Como primer clasificado ó remate da primeira volta en liga, tocaríanos como rival, o oitavo clasificado naquel momento, pero coas renuncias a participar do Praias de Barreiros F.S., Ribeira F.S., e Santa Isabel F.S., finalmente enfrontarémonos ó 5 Coruña F.S..
Un rival coñecido, habitual desta competición, e co que normalmente sempre nos ocorre algo "inusual". Goles en propia meta, expulsións, penaltis, derrotas ou empates nos segundos finais, algún gol fora de tempo...vamos como para votarse a tremer.
Ademais da complexidade que entraña o propio contrario, cabe destacar que volveremos a xogar en domingo, e de tarde, que ten delito, ó tratarse do Domingo de Ramos e comezo da Semana Santa, pero en fin, non queda outra que apeitugar.
Luis, que non poderá estar, deixábanos o seu parecer sobre esta competición.
"Unha pena que non se coide mais o tema das datas nun torneo que pretende ser representativo" "a Fase Final debería ser a referencia do resto do torneo" "ogallá poidamos estar nela, coma nas últimas tres edicións, pero non resultará nada sinxelo" "gardo un recordo fantástico das duas fases nas que saimos vencedores, tanto da de Santiago, coma da do ano pasado en A Estrada" "eu non poderei estar nesta ocasión, pero teño absoluta confianza nos meus compañeiros"

5 CORUÑA F.S. - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 14-04-19 HORA:18:00 LUGAR: Pavillón municipal San Francisco Javier

CONVOCATORIA:

  • Kuka
  • Bizza
  • Jony Costas
  • Jonas
  • Alexis
  • Jony
  • Vidal
  • Guille
  • Diego
  • Sergio
BAIXAS:

  • Jose (motivos persoais)
  • Luis (motivos persoais)
  • Pablo (motivos laborais)
  • Alex (lesión)
  • Borja (lesión)




No hay comentarios: