Vistas de página en total

sábado, 11 de mayo de 2019

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 3 A.D.F.S. BUEU

Vibrante partido o vivido no municipal este pasado domingo, entre dous conxuntos vellos coñecidos, e  nos que estaba en xogo a posibilidade seguir obtando ó título ligueiro.
A moeda caeu do noso lado esta vez, merecido ó noso xuizo, sobre todo pola cantidade de ocasións creadas, pero sen desmerecer para nada o bo traballo realizado polo rival.
Os vermellos marcaron o paso e tentárono mais, diso non pode caber dúbida, ante un adversario que é capaz de levar o ritmo de partido a onde mais lle convén, mais ainda este ano, coa experiencia que lle aporta Pablo Durán.
1-1 nun primeiro tempo competido, donde Fiou e os paus foron protagonistas, evitando que o equipo local puidera ir con ventaxa ó descanso.
Mais madeira no segundo periodo, cos da casa volcados, pero recibindo tamén perigo sobre a sua meta, sobre todo en transicións.
O 2-1 chegaría froito dunha superioridade, logo dunha rigurosa expulsión, e ahí semellaba que se comezaría a decantar a balanza.
Non sería así, porque os nosos, continuarían erre que erre a malograr inmellorables opcións. 3x1, 2x1, algún man a man, rexeites, paus...un desatino total na definición, e claro, tocaría sufrir.
Tralo 3-1, curiosamente chegaría a peor parte do bando local.
Padecemos o seu traballado xogo de cinco, donde Kuka, que xa realizara algunha gran intervención, se erixía en protagonista.
Para o recordo, un paradón a tiro exterior de Roma que deixaba coa boca aberta a todolos presentes.
A evitable expulsión de Luis por unha protesta no derradeiro minuto, enchía de incertidume a bancada, pero por sorte, os de Fran conseguirían que os tres puntos quedaran na casa.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Pablo - Alexis - Jony e Luis(1); Bizza, Jose(1), Jony Costas(1), Jonas(1), Diego e Sergio.
A.D.F.S. BUEU: Fiou - P. Durán(1) - Mario - Rodri e Pocho(1); Daniel, Roma, Adri e Alejandro.

GOLES:

  • 0-1 (min.11) Perda de Alexis en banda, contragolpe, e Pocho que marca ante Kuka.
  • 1-1 (min.12) Luis xoga en profundidade cara Jose, que recibe, e con excaso angulo, saca unha tremenda uña que sorprede a Fiou.
  • 2-1 (min.30) Sublime definición de Jonas nun man a man con Fiou en superioridade 4x3, ó que deixa co molde cunha expectacular vaselina.
  • 3-1 (min.33) Roubo de Alexis en propia área ante o porteiro-xogador, pase cara Luis, que combina con Jony, asistencia do dous, define o dez. Habitual colaboración vermella.
  • 3-2 (min.39) Disparo exterior inapelable de P. Durán en superioridade 4x3.
  • 4-2 (min.39) Jony Costas anota dende propio campo ante o porteiro-xogador cun golpeo suave marca da casa.
  • 4-3 (min.39) Corner directo ó segundo pau sen ningun tipo de oposición que transforma Alejandro.


No hay comentarios: