Vistas de página en total

sábado, 11 de mayo de 2019

XORNADA 27

Sen tempo para degustar a victoria pasada que nos mantén con vida na competición, afrontamos unha nova final.
Esta vez, contra un rival que se está a xogar tanto ou mais ca nos, como é a permanecia na categoría.
O Vigo 2015 F.S., está sorprendentemente metido nesa loita, á vez que disputará a Fase Final da Copa, o que deixa ás claras o potencial que atesoura.
Equipo repleto de xuventude, leva demostrado que é quen de competir contra calquera, co que nestas circunstancias, crece exponencialmente a sua perigosidade.
Non vale outra cousa que non sexa gañar, cando ó remate deste encontro, tan só resten tres datas para o remate do campeonato.
Fran recupera a Vidal, mantén a dúbida de Alexis, con molestias, e contará coa importante baixa de Jonas por motivos persoais.

VIGO 2015 F.S. - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 12-05-19 HORA: 12:00 LUGAR: Pavillón Universitario CUVI.

CONVOCATORIA:

  • Bizza
  • Kuka
  • Jose
  • Pablo
  • Jony Costas
  • Alexis
  • Vidal
  • Jony
  • Luis
  • Diego
  • Sergio
BAIXAS:

  • Borja (lesión)
  • Alex (lesión)
  • Jonas (motivo persoais)

No hay comentarios: