Vistas de página en total

sábado, 18 de mayo de 2019

VIGO 2015 F.S. 2 - 8 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Os nosos rapaces continuan unha semana mais na loita pola liga, logo de vencer con menos problemas dos previstos ó Vigo 2015 F.S..
Cedo se nos poría de cara a mañá, co gol de Luis no primer minuto de xogo, que liberaba da "típica" ansiedade ó bando vermello.
Primer tempo de dominio, control e concentración.
A idea era clara, aproveitar mellor as ocasións que ultimamente, e defender as suas acometidas cunha afogante presión.
Todo saiu a pedir de boca, non sendo polo fátidico minuto final de antes do descanso, onde volvíamos a perder o norte propiciando que eles cobraran vida de supeto.
Non é normal, ou si no noso caso, a maneira de complicarnos a vida desta tempada, porque non é nin a primeira, nin a segunda, nin a terceira, nin a...que nos sucede.
Por sorte ou por caracter, o equipo non daría pe a nada no segundo periodo.
Saiu a pechar o encontro, sen conceder apenas, e martelando a porta contraria ata acadar o clarividente marcador final.

VIGO 2015 F.S.: Diego - Tomás - Alejandro - Oscar e Pedro; Diego, Brais, Alberto, Anxo e Daniel (2).
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Pablo - Alexis(1) - Jony(4) e Luis(3); Bizza, Jose, Jony Costas, Vidal, Diego e Sergio.

GOLES.

  • 0-1 (min.1) Jony vaise por banda e asiste a Luis, que de costas a portería converte de tacón.
  • 0-2 (min.9) Estratexia de falta, Jose con Jony, que anota libre de marca.
  • 0-3 (min.10) Contragolpe 3x2, Jony Costas cede a Luis, que ó borde da área, controla, e define cunha punteira rasa.
  • 0-4 (min.12) Jony executa á perfección por alto un dobre-penalti.
  • 1-4 (min.19) Bola ó segundo pau de Pedro que empurra só Daniel.
  • 2-4 (min.19) Balón elevado ó segundo pau, e Daniel que remata a rede cunha espectacular media chilena. GOLAZO¡.
  • 2-5 (min.23) Falta directa que transforma Jony cun latigazo que entra tras bater no longueiro.
  • 2-6 (min.24) Xogada persoal de Alexis, que se apoia en Luis que lla devolve, control, e chut cruzado no interior da área.
  • 2-7 (min.25) Jony vaise en velocidade e marca cun tiro cruzado.
  • 2-8 (min.37) Luis rouba na presión ó porteiro xogador e marca a porta valeira.

No hay comentarios: