Vistas de página en total

sábado, 15 de junio de 2019

FASE FINAL V COPA F.G.F. 3ª DIV. FÚTBOL SALA

O noso equipo puxo fin á tempada o pasado fin de semana do mellor xeito posible, coa consecución do título de Copa no emblemático Paco Chao de Carballiño.
Os de Fran, Jonas e Adri, rebalidan o trofeo conseguido un ano atrás en A Estrada, sendo con este, tres, os que campan nas nosas vitrinas.
Dar as GRAZAS á organización desta Fase Final, e a todo a quel que a fixo posible, por que non cabe dúbida que cumpriu coas mellores espectativas.

Comezaba o torneo cun entretido Vigo 2015 - GRI Carballiño F.S. na primeira semifinal, na que os primeiros, deixaban na cuneta ós segundos, converténdose con todo merecemento en primer finalista.
A segunda semifinal, poñía en liza ós nosos fronte ó T. ABC I.E.S. Coruxo F.S., ofrecéndolle ós presentes, un vibrante encontro con multitude de alternativas no marcador.
Iniciaba con brio o partido, pero cedo comezarían os problemas para os vermellos.
Rigurosísima expulsión de Kuka por unha man, supostamente fora da área, e con Luis resgardando a suas costas, o que ademais de deixarnos en inferioridade momentanea, supoñía a baixa do porteiro para o resto do torneo.
Xa con Bizza baixo paus, responderían os de Pazos con coraxe a tal agravio.
Saida á contra no 4x3, e penalti indiscutible sobre Alexis.
Jony Costas asumía a responsabilidade, e transformaba inapelable.
Pouco duraría a ledicia, posto que segundos despois, outro contragolpe, esta vez á inversa, convertíao na igualada Samu, no man a man con Bizza.
Chegarían entón os mellores minutos dos de Pazos, donde tomaban o mando, e anotaban dous goles mais, obra de Luis e Alexis, que semellaban unha cómoda renta.
Un erro defensivo nos intres finais do periodo, dilapidaba a ventaxa, quedando todo aberto para o segundo acto.
Entramos "relaxados", ou sen a concentración que precisa este tipo de eventos, e cando nos quixemos dar conta, estabamos dous goles abaixo, e coa semifinal moi costa arriba.
Entón, xurdiría, por enésima vez, o xen deste equipo.
Ese que non permite baixar os brazos por delicada que sexa a situación, e que non entende o significado da palabra rendición.
Non daría soportado o rival as embestidas vermellas, e tralos goles, primeiro do omnipresente Alexis, e mais tarde de Jony, as augas volvían ó seu cauce.
Aguantaríamos sen demasiados problemas o seu porteio-xogador, e dereitiños a unha nova final.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Alexis(2) - Alex - Luis(1) e Sergio; Bizza, Jose, Jony Costas(1), Jonas, Jony(1), Vidal e Diego.
T. ABC I.E.S. CORUXO F.S.: Toni - Parra(2) - Bruno - Pablo e Samu(1); Iván, Jorge, Manuel, Iago, Antonio(1) e Cristian.

GOLES

  • 1-0 (min.9) Penalti que transforma con personalidade Jony Costas.
  • 1-1 (min.9) Xogada con polémica. Contragolpe vigués no que Jony queda tendido en media pista tras un manotazo, continua a xogada, e Samu que bate a Bizza no 1x1.
  • 2-1 (min.14) Jony Costas combina con Jose en posición de pivot, e deixada cara atrás deste sobre Luis, quen a crava na rede.
  • 3-1 (min.16) Espectacular estratexia de corner, na que Luis asiste cunha pisada de costas a Alexis, e punteirazo raso imparable do once ás mallas.
  • 3-2 (min.19) Saque de banda rápido que nos colle despistados, e Parra que define ante Bizza.
  • 3-3 (min.21) Balón longo sobre Parra, que controla, e marca polo pau longo.
  • 3-4 (min.22) Balon que recibe Antonio, e o seu golpeo a porta, envelénase por alto ó bater no pe de Luis, facendo imposible calquer intento de Bizza.
  • 4-4 (min.31) Jony recibe en profundidade, e asiste de cara a Alexis, que marca cun chut cruzado.
  • 5-4 (min35) Intercambio de papeis, recibe Alexis no interior da área, e asistencia para Jony, que a rebenta na escadra ante a saida de Toni.
O domingo pola mañá, disputábamos final do torneo, co claro cartel de favoritos, ante un rival, que tiña moito que gañar e pouco que perder.
Soa típico decir aquilo de que non hai rival pequeno, ou que nunha final non hai favorito, pero outra vez, isto quedaría de manifesto.
Por sorte, os nosos, iso é algo que teñen moi presente, e tal vez ese respeto polo contrario, ou o non subestimalo xamais, sería o que os levaría a outro gran resultado.
Nin os mais agoreiros, imaxinaban o complicada que se ía a poñer a final, pero é que seguramente, os mais optimistas tampouco podían agardar mellor desenlace.
A pesar do que reflexaba o marcador ó final do primeiro tempo, 3-1, e por extraño que pareza, a igualdade era a tónica dominante.
De feito é, que tivemos maior número de ocasións, pau de Jony Costas e Jonas incluidos, pero claro, había que metelas.
Eles souberon aprobeitar mellor as suas, en concreto, dous lanzamentos de falta directa, e un roubo en saida de presión, os cales nos poñían completamente contra ás cordas.
No derradeiro suspiro, o acerto de Diego, conseguía reducir distancias, dando a lo menos un chisco de esperanza, á desconcertada parroquia vermella.
Escapábase a posibilidade dun novo título, do ansiado dobrete, de pechar un ano realmente incrible, pero non estaba dita a derradeira palabra.
Saiu con todo o equipo. A dominar, a mover e remover, sen desesperar; semellaba que non era o día, pero iso xa daba igual.
No outro bando, Pedro incordiaba, e crecía o seu perigo debido ó noso risco atacante, pero e que non quedaba outra, matar ou morrer.
A base de insistir, e de arriscar, un gran pase de Diego materializábao Jonas, e co 2-3, xa nada nos podía deter.
Faltaba o arreón final, un intento mais.
Xogada de Jony Costas, e rexeite sobre a mesma liña, que Jony recollía para igualar.
Emoción a raudais no que xa era unha gran final, e restaba a apoteose final.
O deporte ten estas cousas, e todo se puido truncar, pero non o merecía un dos nosos eternos capitáns.
Bizza, que en pricipio "so" pretendía acompañar, logo dun difícil último tramo de campaña para el, e que de súpeto se atopou con esta "papeleta", tiña que aparecer.
Xa intervira con éxito anteriormente, pero é que cambiou o curso da final.
Paradón nun man a man, saque rápido, e medio disparo-pase lonxano de Alexis, que remata nas mallas tras bater nun rival.
Do posible 4-3, ó real 3-4, que a falta de dous minutos, refrendaba a remontada.
De inmediato, porteiro-xogador vigués á pista, e a padecer a sua superioridade, pero de sufrimento igual xa fora abondo.
Entre Jony, que atento, corre a sacar rápido unha banda cara ó desmarque en velocidade de Luis, e a definción escorada do dez á porta valeira, o único que realmente quedaba, era celebar o título copeiro.
   
VIGO 2015: Diego - Tomás - Daniel - Oscar(2) e Pedro(1); Anxo, Alejandro P., Alejandro G., Gandara 1(p.p.), Alejandro F. e Diego.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Alexis - Jony(1) - Luis(1) e Diego(1); Martín, Jose, Jony Costas, Jonas(1), Alex, Vidal e Sergio.

GOLES:

  • 1-0 (min.13) Falta directa lonxana que transforma Oscar cun chut por baixo.
  • 2-0 (min.15) Nova falta, esta vez ó borde da área, e zapatazo á escadra impecable de Pedro.
  • 3-0 (min.18) Desafortunada perda nunha saida de presión, e Oscar que recurta a Bizza para marcar.
  • 3-1 (min.19) Elaboración vermella en estático, bola que chega a Diego na lateral, e disparo rápido deste de primeiras, que entra polo primer pau.
  • 3-2 (min.33) Outra xogada ben hilbanada, e agora Diego que cambia o chut, polo pase ó segundo pau, donde Jonas a mete para adentro.
  • 3-3 (min.36) Xogada de Jony Costas, que en área rival, senta a un contrario e remata, Anxo detén en primeira instancia, pero nada pode facer ante o rexite que empurra Jony.
  • 3-4 (min.38) Centro-chut de lonxano de Alexis, que bate en Gándara despistando completemente a Anxo.
  • 3-5 (min39) Saque de banda lixeiro de Jony á carreira de Luis, que anota escorado á porta valeira.
Rematan os calificativos para este plantel de lenda. Un EQUIPO, que ven de lograr o mellor resultado deportivo da historia do club.
Campeón de Liga, co conseguinte ascenso de categoría á 2º división B, e campeón de Copa.
Un dobrete, que eleva a tres, tantos os nosos títulos de liga, como os de Copa, nun periodo histórico dificilmente igualable.
Un fin de semana PERFECTO, en tódolos aspectos, donde o grupo foi unha piña, e donde o colectivo, primou por enriba do individual, tanto dentro, como fora da pista.
Xogadores, corpo técnico, directiva, familiares, afeción...todos UN, e ese é o maior éxito.
Nada ten mais valor que ver as gradas con xente animando, que sinte estas cores, que se achegou ata Carballiño a arroupar ó que dalgún modo tamén e seu. MOITAS GRAZAS¡¡¡, sen a vosa presenza sería IMPOSIBLE.
CAMPEÓN DE COPA 2018/19





No hay comentarios: