Vistas de página en total

viernes, 12 de julio de 2019

FIN DE TEMPADA

Dias atrás, a S.D. Pazos Fútbol Sala deu por rematado o histórico curso 2018/2019.
A derradeira comparecencia dos vermellos, como o ano anterior, volveu a ter lugar no salón de actos do concello, donde se celebrou a II Gala do deporte de Pazos de Borbén.
Alí, o conxunto senior recibiu un novo recoñemento da man do Sr. alcalde, Don Andrés Iglesias, que valora a excelente traxectoria do equipo esta campaña.
Non se pode catalogar doutro xeito, o éxito alcanzado polo equipo que preside Don Manuel Ferreira en colaboración coa sua man dereira, Ramón Miguelez, con Liga, ascenso de categoría, e Copa.
Dous títulos mais que engadir, a un palmarés que creceu considerablemente, sobre todo nas últimas catro tempadas.
No repaso a que recén concluíu, comecemos  polo principio.
O primer reto que afrontaban os vermellos era a ilusionante XXVII edición da Copa Galicia, que á vez, sería o único "lunar" deste inesquecible ano.
O Pablo Herbello de Bueu, foi testemuña dunha trepidante eliminatoria a vida ou morte, e que se decidiría no derradeiro segundo.
Un partido parello, e de poder a poder, que puido caer para calquer lado, pero no que a sorte, ou maior templanza, rematou por premiar ós que exercían de locais.
Tal vez este "mazazo" valeu para incentivar ós de Fran, que enfocados no campeonato ligueiro, realizaron unha gran primeira volta, mostrándose competitivos en prácticamente tódalas canchas, e conseguindo rematar a primeira volta coma líderes en solitario.
Non comezaría igual a segunda, cuns primeiros meses, onde o equipo dilapidaría a ventaxa adquirida.
Os problemas acumulábanse, en forma de lesións (Bizza, Borja, Alex, Kuka...), expulsións, sacións..., e unha baixada de rendemento alarmante, que semellaba podía tirar ó traste todo o esforzo realizado nos meses anteriores.
Non sería así, porque o grupo conxurouse para que iso non pasara.
O empate na casa co Vilalba F.S. foi o detonante, e a raiz de ahí, seis victorias consecutivas, incluida a da derradeira xornada, contra o ata entón líder, Ribeira F.S., que nos aupaban á consecución do tercer título ligueiro da nosa historia.
Falar de xogadores destacados, non resulta sinxelo nunha competición tan longa, porque á fin, todos tiveron os seus bos e malos momentos.
Kuka: un dos mellores na sua posición, senon o mellor, providencial claramente nos encontros decisivos.
Bizza: Ano comprometido o seu, rendemento constante ó comezo, lesión delicada nunha man en xaneiro, e complexo tramo de sufrimento final, no que só a sua inquebrantable forza de vontade o mantivo en pe.
Martín: Sempre a disposición, cumpliu cando lle tocou, a pesar da sua temprá idade, sen amedrentarse, a porteria vermella está garantida coa sua presenza.
Jose: O gran CAPITÁN, ano de tal vez de menos protagonismo na cancha, que non no plantel, pero que aportou o seu cando alcanzou o mellor nivel.
Pablo: Comezou renqueante, e despois preferiu non estar, voltou no decesivo tramo final, cando mais se precisaba, e os puntos valían ouro.
Jony Costas: Arrancou coma un tiro, dando mostras dun nivel superlativo, e que foi de mais a menos para volver a recuperarse. Algún que outro golazo, e multitude de detalles dun superclase.
Alexis: Fundamental, deu un salto cuantitativo en canto a ambición e rendemento, de calidade era moi complexo, vai realmente sobrado. Fixo sua a parcela defensiva, ante a prolangada ausencia de Pablo, e deixou un rexistro anotador moi considerable. 26 goles, algún deles impresionante. 
Jonas: Ese xogador diferencial, que, quen o iba a decir, semella formado aquí. O tempo do equipo, a elegancia, a experiencia...ó que engadiu un compromiso admirable, aderezado como non, con goliños importantes.
Jony: Que decir do "comandante", unha tempada mais na que lle volveu a dar a volta ó contakilómetros, crava números en canto goles e asistencias ano tras ano, suma cando está mal, e multiplica cando anda ben.
Alex: Ano de adaptación, pero dará que falar. Deu mostras do canón que ten na esquerda, e estivo ó servicio do equipo sen rechistar.
Vidal: Curso notablemente diferenciado en primeira e segunda volta, donde os compromisos laborais entre semana na segunda, motivaron que non o aprobeitáramos mais. Así e todo, crece sen parar, e deu cando tiña que dar.
Luis: A punta de lanza, velocidade, presión, e traballo, cunha voracidade que non coñece límite, repite cifras un ano mais, 40 dianas que lle permitiron liderar a clasificación de máximo goleador.
Borja: Debeu ser o seu ano, o de consolidarse, e comezou con trazas, pero unha fatídica lesión, volveu a fastidiar o que merece con creces. Volverá.
Diego: Logo duns anos de so poder adestrar por temas laborais, chegou o momento de demostrar. Pivot que o fai sinxelo, "debuta" na categoría con cifras meritorias, 15 goles ás suas costas, rematou a campaña nun estado de forma espectacular, dobrete incluido no encontro final.
Sergio: Ano de despegar, e salto enorme no seu potencial. Gañouse os minutos cunha ilusión e motivación excepcionais, competencia indespensable en cada adestramento, aportou tanto como o que mais.
E por último, sinalar como non, ó corpo técnico que governou a nave.
O tandem Fran-Adri, apoiados no enorme traballo entre semana, e coñecemento de Jonas: Tiñan cravada a espiña da liga pasada, porque a Copa xa estaba no peto.
Dan tranquilidade, e manteñen a calma nos peores momentos, ante un grupo que xustamente nesas situacións, tende a desbocarse.
Confianza plena no seu plantel, crítica constructiva, e ánimos constantes.
Demostraron que os seus éxitos anterios, títulos de liga de provicial e autonómica, non foron casualidade.
En canto ós números no campeonato da regularidade, resúmense do seguinte xeito:
 1º clasificado con 61 puntos, con 19 victorias, 4 empates e 7 derrotas, 153 goles a favor (equipo máximo realizador), e 106 en contra ( 8º menos goleado).
Goleadores:

  1. Luis: 40 goles
  2. Alexis: 26 goles
  3. Jony: 23 goles
  4. Diego: 15 goles
  5. Jonas: 14 goles
  6. Jony Costas: 10 goles
  7. Alex: 8 goles
  8. Jose: 6 goles
  9. Vidal: 3 goles
  10. Borja: 3 goles
  11. Sergio: 1 gol
  12. Propia Porta: 4 goles
Para finalizar, a recentemente analizada V Copa F.G.F.
Victoria na Coruña nos cuartos de final ante o 5 Coruña F.S. por 0-4, nun domingo de tarde difícil de dixerir ó cuadrar no día das nais.
E inesquecible Fase Final en Carballiño, donde o equipo, tivo que remar contra vento e marea para facerse acreedor da copa de campeón.
5-4 na semifinal contra o T. ABC I.E.S. Coruxo F.S., remontada incluida.
E triunfo épico na final diante do o Vigo 2015, 3-5, logo de chegar a ir perdendo por 3-0.
Campeóns, con 3 partidos gañados, 14 goles a favor, e 7 en contra.
Goleadores:

  1. Alexis: 3 goles
  2. Jony: 3 goles
  3. Luis: 2 goles
  4. Jony Costas: 2 goles
  5. Jonas: 2 goles
  6. Diego: 1 gol
  7. Propia porta: 1 gol
Este foi, a groso modo, o resumo dunha tempada que será complicado igualar.
Que seguramente peche un ciclo, pero que abre novas portas a quen sexa capaz de afrontar os retos que veñen por diante.
Dende o club, dar as GRAZAS a TODOS aqueles que a fixeron posible, tanto dentro, como fora da pista.
Mención especial, ós que sempre que as suas ocupacións llo permitiron, estiveron ahí, para que ante as ausencias do plantel, os entrenos non perderan un ápice de calidade.
Ós nosos xuvenís, Aaron, Guille, Quique, Anxo... e moi especialmente Dani. Ós Juan( que faráimos sen ti...), Yago, Eloy, Marcos F., Breixo, Pi, Nene...moitísimas grazas rapaces¡¡¡.

Nas vindeiras datas, iremos dando conta das novidades que se rexistren ó redor do plantel para a vindeira tempada 2019/2020.

NOTA: Confirmada a renuncia ó ascenso de categoría á 2ª División B.





2 comentarios:

Anónimo dijo...

Una pena que un clube que ano tras ano gañase na pista o estar en segunda b,por motivos extradeportivos non o poida conseguir. Felicidades pola enorme temporada

Administrador dijo...

Moitas grazas polo teu comentario. Dende a directiva, tan só prometer traballo, para que de volver a darse a posibilidade de ascender de categoría, se poida levar a cabo. Por suposto, sen comprometer a estabilidade de club.