Vistas de página en total

sábado, 1 de junio de 2019

XORNADA 30

Chegou o día¡¡¡, e hoxe si podemos falar con absoluta propiedade de auténtica final.
Enfróntanse en Pazos na derradeira xornada de liga, os dous equipos que demostraron ser os mais fortes da competición.
Por un lado o Ribeira F.S., primer clasificado con 59 puntos no seu haber, e polo outro nos, con 58.
As contas son ben sinxelas nesta ocasión, donde non haberá que ter en conta nin golaveraxes nin nada. Si ganamos, campeóns, todo o que non sexa iso, rematará co título camiño de Lugo.
Ós nosos levóunos ata aquí, unha notable primeira volta, donde foron líderes a maior parte das xornadas. Uns meses catastróficos comprendidos entre febreiro e marzo, a piques estarían de deixarnos sen opcións, pero un moi bo tramo final, volvería a meternos de cheo na pelexa.
O Ribeira F.S. pola sua banda, deu mostras de gran regularidade, exceptuando o tramo de liga no que perdeu cos vermellos na sua casa, acumulando varias xornadas sumando pouco. Unha segunda volta case impecable, situaos hoxe na privilexada posición que ostentan.
Pouco mais se pode pedir para un fin de campeonato. "Anfield" coroará ó rei da Terceira División Nacional de Fútbol Sala galego.
O corpo técnico comandado por Fran, convocou a todo o seu plantel, tendo que facer dous descartes antes do comezo do encontro.

S.D. PAZOS Fútbol Sala - RIBEIRA F.S.
DATA: 01-06-19 HORA: 20:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén.

CONVOCATORIA:

  • Bizza
  • Kuka
  • Jose
  • Pablo
  • Jony Costas
  • Jonas
  • Alexis
  • Vidal
  • Alex
  • Jony
  • Luis
  • Diego
  • Sergio
  • Borja

No hay comentarios: