Páginas vistas en total

lunes, 13 de diciembre de 2010

Derrota no derby

Este sabado o equipo sufriu unha dolorosa derrota en Redondela por 8-6, foi un partido que se nos puxo de cara pois o resultado ao descanso era de 1-3, resultado que ainda se veria mellorado a falta de 12 minutos para o final do partido cando o marcador electronico reflexaba un claro 2-5,
Pero chegado este punto entre a relaxacion visitante e o pundonor e gañas locais o partido comezou a torcerse sufrindo probablemente o parcial negativo mais grande dos ultimos anos(6-0) ,polo que o redondela puxose con 8-5 ao seu favor, resultado q intentamos levantar sen exito, pois tan so conseguimos sumar un gol mais ao marcador.

Agora toca levantar o animo e traballar toda a semana para tentar recuperarse deste duro pau que supuxo mirar case os 3 puntos gañados e perdelos dunha forma totalmente xusta e merecida.
Do pouco salientable que podemos destacar do partido e que seguimos lideres unha semana mais o cal fai que sigamos codeandonos cos equipos fortes da categoria.
Dende este blog queremos salientar o gran ambiente vivido no pabillon redondelan, donde duas aficions irmans viviron o derby civilizadamente e dun xeio exemplar, igual que dentro  da pista en donde os xogadores dos 2 equipos mostraron unha gran deportividade e respecto mutuo.
Dende aqui volvemos a desexarlle o mellor o Redondela FS, e darlle a noraboa pola victoria do sabado.

O vindeiro fin de semana xogaremos as 12 da mañan do domingo fronte o San Martiño de moaña, equipo que empezou moi forte, o partido disputarase no Pabillon de Soutomaior debido a que o pabillon de Pazos atoparase ocupado polas festas dp Nadal.

ANIMO EQUIPO, HAI QUE FACER QUE ESTA DERROTA NOS VEÑA BEN E APRENDER DOS ERROS

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Animo chavales saldremos adelante, un revés lo tiene cualquiera...
En Junio estaremos camino de Castellón para ese gran campeonato que todos deseamos.
pd: gracias Biza x acordarte de mi en esa gran portada del diario "Marca"

Anónimo dijo...

Rober, todo o que fagamos este ano sera dedicado pati, un saudo amigo, e coidate

FRAN