Vistas de página en total

jueves, 9 de diciembre de 2010

Despois de moitos anos: DERBY OFICIAL

Despois de moitos anos en distintas categorias este sabado volve o derby comarcal por excelencia, sera no pabillon de Redondela "La Bombonera" as 16:30 h do sabado.

Os nosos chegan como lideres ao envite mentres que os redondelans chegan nunha mala xeira de resultados que os esta metendo perigosamente na zona de descenso, pero se queremos sacar unha victoria neste partido debemos ter claro que isto non quere dicir nada pois neste tipo de partidos pode pasar calquera cousa, ademais contamos coas importantes baixas de Jose,Marcelo e Rober, este ultimo causara baixa os proximos 6 meses debido a inexplicable e vergonzosa agresion que sufriu no partido do Bembrive.

Unha victoria este sabado faria ao equipo matematicamente campion de inverno, o cal seria unha gran inxeccion de moral para afrontar a segunda volta co obxectivo de asegurar a permanencia o antes posible, para asi poder pelexar por cotas maiores a final de temporada.

Esperase un gran ambiente no pabillon polo que esperamos que a nosa fiel aficion se desprace ata Redondela para animar ao equipo, e axudarlle a sumar estos 3 importantes puntos.

Dende Pazos queremos desexar as maiores das sortes ao Redondela FS a partir do proxiomo sabado, pois e un clube irman onde xogan moitos amigos dos nosos directivos,adestradores e xogadores.

No hay comentarios: