Vistas de página en total

lunes, 19 de diciembre de 2011

Victoria que desperta dubidas

Este sabado chegaba a Pazos o Melide FS, colista da categoria, a priori un partido facil, pero resultou ser o peor partido dos nosos na casa no que vai de temporada.
Comezabamos o encontro bastante ben, chegando facil a porteria visitante e facendo 2 goles que nos pondrian cunha clara vantaxa no marcador, pero a partir de aqui o equipo relaxouse, e nesta categoria senon se corre e traballa os 40 minutos calquera equipo che pode facer un roto,disto aproveitouse o Melide que levou o peso do encontro nos ultimos 7 minutos da  primeira parte facendo o 2-1, e incluso tendo ocasions para facer o empate, cousa que non conseguiron, chegando asi o descanso.

Na segunda parte, trala charla no descanso, o equipo voltou a ser o que ten que ser durante 4 minutos acadando outros 2 goles que parecian sentenciar o encontro, pero outra vez a relaxacion fixo que o Melide se metese no encontro cun novo gol, e levase bastante perigo nun "correcalles" que en ningun momento debemos permitir, xa que coas baixas que tiñamos(tan so 2 cambios de pista) non nos interesaba en ningun momento.
Ao final chegaba o noso quinto gol para cerrar o marcador.

Partido malo, no cal so se pode resaltar o marcador e que continuamos facendo de Pazos un fortin, xa que ainda non coñecemos a derrota no noso pabillon.
Colocamonos segundos e a volta de Nadal visitaremos ao Leis, un equipo que parecia ser o principal candidato nesta liguilla, pero que se encontro quinto a 5 puntos de nos, sen dubida partido crucial para intentar meternos entre os 4 primeiros.
Desexarlle toda a sorte do mundo ao Melide FS, sen dubida un equipo moi traballador e xoven que en Pazos deu unha boa imaxe tanto na pista como fora dela por medio do seu entrenador Tonecho e a sua delegada Patry, unha aperta e MOITA SORTE.

Os xuvenis golearon aos Salesianos e consolidanse na zona alta da taboa.

Os alevins voltaron a gañar, e estan demostrando que este ano queren dar guerra, realmente e increible ver como melloraron estes rapaces estes 3 anos que levan xogando, dende aqui animamosvos a que vos pasedes polo pabillon a ver a estes verdadeiros cracks.

Dende a SD Pazos queremos desexarvos un Bo Nadal e feliz ano novo  a todolos lectores do blog.

LEMONOS PARA O 2012

No hay comentarios: