Vistas de página en total

jueves, 1 de marzo de 2012

SD Pazos - Bembrive FS

Este sabado xogamos a segunda xornada da fase de acenso, o noso rival sera o Bembrive, equipo que xa quedou primeiro na primeira fase e xa nos derrotou duas veces este ano na sua casa(Liga e Copa Xunta).
Tentaremos facerlle fronte a todo un equipazo no que xogan xogadores como Jacobo,Mario, Pitu ou Cameselle, so con dar estes nomes queda claro que estamos falando de un dos mellores equipos de futbol sala en categorias aficionadas.
O Partido sera as 7 da tarde en Bembrive, esperamos contar co maximo apoio posible da nosa aficion, xa que o seu alento e importantisimo para nos.
Para este partido sera baixa Manu, pero esperamos que non se note a sua ausencia.

Os xuvenis xogan o sabado as 10 da mañan en Pazos ante o Arealonga, partido que mostrara se o equipo se refixo do pau da derrota da semana pasada.
Os alevins xogan as 12 da mañan na Mina ante o Garcia Barbon a primeira das catro finais que lle quedan para ser campions de grupo.

MOITA SORTE A TODOS

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Resultado?

Anónimo dijo...

Bmebrive 4- Pazos 3

E Xuvenis e alevins gañaron, en breve se subiran as cronicas