Vistas de página en total

domingo, 13 de mayo de 2012

UNHA NOVA DERROTA

Este fin de semana viaxamos As Pontes onde nos enfrontábamos O Esteo (2º clasificado).
Partimos dende Pazos con poucos efectivos, xa que viaxamos sen 3 dos nosos xogadores (Mon, Manu e Rober) e con Biza lesionado que finalmente non puido disputar ningún minuto.
Comezamos o partido coa esperanza de sacar algo positivo, esperando a media pista o equipo rival para poder saír con contras perigosas, o que nos deixou dúas ocasións claras nada máis comezar o encontro, que non fomos capaces de finalizar.
Nunha das posesións do equipo local o e no primeiro acercamento a nosa portería conseguían adiantarse.
Os nosos seguirían con seu xogo, disfrutando de ocasións claras para empatar e ata para voltear o marcador, pero a falta de atino non llo permitiu.
Noutro erro defensivo o Pazos brindoulle  O Esteo un man a man co nosos porteiro, o que eles non desaproveitaron e conseguiron que o marcador reflexase un 2-0.
O partido seguiu coa mesma guisa, con posesión e ocasións para os nosos, pero se que o marcador o relfexase, foi aí cando o adestrador decidiu que Jacobo se vestise de porteiro-xogador para afrontar os últimos minutos da primeira parte, pero sen ter fortuna.
A segunda metade seguiría co mesmo roteiro, pero o equipo notou o cansazo debido a escaseza de efectivos.
Mesmo con estas o equipo conseguiría acurtar distancias, cunha boa xogada de Jacobo e cun bo remate de Jonny.
A alegría durou ben pouco,  xa que na seguinte xogada O Esteo acadaría o 3-1.
Ante a falta de ocasións e o cansazo que sufrían os nosos xogadores, decidiron que era mellor tentar ir a por o partido sacando de novo a Jacobo como Porteiro-xogador, para afrontar os últimos minutos da segunda parte.
Nas primeiras xogadas o equipo mostrou un bo xogo, creando perigo para acurtar distancias, pero a falta de 3 e un minuto, os locais conseguiron sendos goles e  porían no marcador un 5-1, consecuencia de dous erros no manexo do balón.
Resultado moi avultado para o xogo visto na cancha.

No hay comentarios: